Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 14 de outubro de 1996 Páx. 9.076

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ORDES

EDICTO (131, 309 e 316/1995).

Carmen Veiras Suárez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ordes, fai saber que no xuízo verbal civil nº 131/1995, 309/1995 e 316/1995 acumulados, promovidos por Edmundo Castro Vázquez, representado polo procurador José Paz Montero e Avelino Maroño Berdomas, representado polo procurador Victorino Regueiro Muñoz,

contra Luis Ángel Vilariño García e outros, acordouse cita-lo demandado Luis Ángel Vilariño García, do que se descoñece o seu domicilio actual, co fin de que compareza na sala de audiencia deste xulgado o día 28 de novembro de 1996, ás 10 horas, para a celebración do xuízo, co apercibimento de que, de non comparecer, se seguirá o xuízo na súa rebeldía, e notificaranse na sede deste xulgado as demais resolucións que se dicten.

Dado en Ordes o trinta de setembro de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

7104