Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 10 de outubro de 1996 Páx. 9.020

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

APROBACIÓN inicial do estudio de detalle da zona 4 do SU-38.

O Concello Pleno en sesión ordinaria celebrada o día 13 de setembro de 1996 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar inicialmente o estudio de detalle promovido por Ramón Baceiredo Garrido e Antonio González Ferreño, en representación respectivamente das sociedades Ragosín, S.L. e Saogal, S.L., na zona 4 do SU-38. E somete-lo expediente a infor

mación pública polo prazo de quince días, mediante anuncios no DOG, no BOP e nun dos xornais de maior difusión a provincia.

Pola presente anúnciase a exposición pública do dito proxecto polo prazo de quince días contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio, para que as persoas ou entidades interesadas presentes, no mencionado prazo, aquelas alegacións que coiden pertinentes. Todo isto de conformidade co artigo 117 do T.R.L.S.

O que se comunica para os efectos oportunos.

Ourense, 20 de setembro de 1996.

O alcalde-presidente

Rubricado

7234