Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 10 de outubro de 1996 Páx. 9.020

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno, con data 18 de xullo de 1996, o estudio de detalle promovido por Laudino Sousa Villar, na esquina das rúas Rosalía de Castro e O Forte, sométese a información pública, por un período de 15 días, para efectos de reclamacións, contados a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co sinalado no artigo 117 do R.D.L. 1/1992, do 26 de xuño.

Cangas, 23 de setembro de 1996.

Euloxio López Gutiérrez

Alcalde

7235