Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 10 de outubro de 1996 Páx. 9.020

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 30 de maio de 1996, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle promovido por Arteprom, S.L., para adaptación ou reaxuste de aliñación da vía de acceso ó patio de cuarteirón (área libre V.A.) referido á área do solo urbano afectada, situada no núcleo urbano de Arteixo e definida polos lindeiros seguintes: norte, r/ Reconquista; leste, estrada C-552; oeste, estrada LC-410; e sur, rúa sen nome, proxectada no planeamento, que queda sometido á información pública polo prazo de vinte (20) días, contados a partir do seguinte á aparición do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na Avda. do Balneario, nº 10-1º, Arteixo, e presenta-las alegacións que coiden convenientes.

Arteixo, 24 de setembro de 1996.

Manuel Pose Miñones

Alcalde

7302