Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 10 de outubro de 1996 Páx. 9.019

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 1996, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso público número 17/1996, que ten por obxecto a adquisición de lavacentrífuga e equipo radiocirúrxico.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111 do 6 de xuño) sobre delegación de competencias en órganos centrais e

periféricos do Sergas, e para cumprimento do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995 do 18 de maio, de contratos coas administracións públicas, acorda darlles publicidade ás adxudicacións do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, estrada de San Pedro a Catabois, s/n en Ferrol.

c) Número de expediente: C.P. 17/1996.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministración.

b) Descrición do obxecto: lavacentrífuga e equipo radiocirúrxico.

c) Lotes.

Lote 1: lavacentrígufa alta velocidade.

Lote 2: equipo radiocirúrxico.

d) Anuncio de licitación publicado no DOG nº 131 do xoves 4 de xullo de 1996.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento total: 11.271.000 ptas.

(Once millóns duascentas setenta mil ptas. IVE incluído).

5. Adxudicación.

a) Data: 14 de agosto de 1996.

b) Contratistas:

Lote 1: Girbau, S.A.

Estrada de Manlleu, Km. 1

08500 Vic (Barcelona) 3.271.000 ptas.

Lote 2: GE Medical Systems España, S.A.

Avda. Europa, 22

28100 Alcobendas (Madrid) 7.835.000 ptas.

Orzamento total: 11.106.000 ptas.

Ferrol, 14 de agosto de 1996.

Alfredo García Iglesias

Director xerente do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos

7279