Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 10 de outubro de 1996 Páx. 9.020

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

APROBACIÓN definitiva do proxecto de modificación puntual do P.X.O.U. na zona 3 do SU-38.

Pola presente ponse en xeral coñecemento o que o Concello Pleno en sesión ordinaria celebrada o día 13 de setembro de 1996 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o proxecto da modificción puntual do P.X.O.U. na zona 3 do SU-38, a pedimento de Antonio González Ferreño, en representación de Saogal, S.L., condicionado a informe vinculante da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

De conformidade co artigo 109 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, esta resolución esgota a vía administrativa, polo que é potestativa a interposición de recurso contencioso-administrativo, no prazo de 2 meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio. Nembargantes o recurso sinalado, poderá interpoñerse calquera outro que se coide procedente.

Este anuncio cumpre o disposto no artigo 8.d da Lei 7/1995, do 29 de xuño; así mesmo, suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

O que se comunica para os efectos oportunos.

Ourense, 27 de setembro de 1996.

O alcalde

Rubricado

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273