Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 10 de outubro de 1996 Páx. 9.014

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 17 de setembro de 1996 pola que se lle outorga a José Antonio Chouza Rodríguez concesión administrativa e permiso de actividade para unha granxa mariña de engorda de rodaballo, sita en Nadela, Queiruga, Porto do Son (A Coruña).

Visto o expediente iniciado por instacia de José Antonio Chouza Rodríguez, con DNI nº 33.248.555, con domicilio na rúa Calzada, s/n, Noia (A Coruña), que con data do 13-6-1991, solicitou concesión administrativa e permiso de actividade do seguinte establecemento:

Establecemento acuicultura: granxa mariña para engorda de peixe.

Situación: lugar de Nadela, Queiruga, Porto do Son, distrito marítimo de Ribeira (A Coruña).

Especies: rodaballo (Psetta maxima).

Superficie de dominio público: 218 m para toma de auga de mar e desaugadoiros.

Superficie de dominio privado:

-Nave de 1.667,93 m:

* Zona de preengorda: 20 tanques de 3 mx3 m=180 m.

* Zona de engorda: 20 tanques de 7,5 mx7,5 m=1.125 m.

Producción prevista: 50 tm ano.

Procedeuse a súa tramitación de acordo coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas e disposicións concordantes.

Tendo en conta que con data do 7 de febreiro de 1996 lle foi outorgada por parte do Ministerio de Obras Públicas, Transportes e Medio Ambiente (Dirección Xeral de Costas) o preceptivo título concesional para a ocupación de douscentos dezaoito (218) metros cadrados de terreo de dominio público marítimo-terrestre, segundo establece o artigo 150 do Real decreto 1471/1989.

Tendo en conta os informes que figuran no expediente, así como o proposto pola Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, logo do informe do Servicio Técnico-Xurídico, esta consellería,

ACORDA:

Acceder ó solicitado outorgándolle a José Chouza Rodríguez permiso para a actividade de granxa mariña de engorda de rodaballo (Psetta maxima), sita en Nadela, Queiruga, Porto do Son, distrito marítimo de Ribeira (A Coruña), baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O permiso de actividade outórgase por un prazo de dez (10) anos, contados a partir da publicación da presente orde no DOG, podendo ser prorrogada discrecionalmente a petición do interesado antes do seu vencemento, por prazo de igual duración ata un total de vinte (20) anos.

Para efectos de coordinación interadministrativa, o prazo de vixencia dos títulos habilitantes así como das prórrogas que no seu día se puideran outorgar, o permiso de actividade e concesión do dominio público, deberán ser coincidentes.

Segunda.-A localización e as obras da instalación do establecemento axustaranse ós planos e proxecto presentados, unidos ó expediente nº C-1227 da Delegación Territorial da Coruña. O interesado deberá solicitar no prazo de seis (6) meses, contados a partir da entrada en vigor da presente orde, o oportuno replanteo no Servicio de Costas correspondente. As obras poderán dar comezo unha vez realizado o replanteo e deberán rematarse no prazo máximo de dous (2) anos, momento no que deberá solicitarse do mencionado Servicio de Costas o levantamento da acta de recoñecemento e revisión do remate das obras.

As ditas actas deberán remitírselle á Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura na Coruña, xuntando solicitude de inspección e informe por persoal competente desta consellería.

Terceira.-O titular contrae a obriga de manter en bo estado o dominio público, obras e instalacións. As instalacións e terreos a que fai referencia esta concesión e permiso de actividade non poderá alugarse nin ser destinados a usos distintos dos propios deste tipo de establecemento.

Cuarta.-Sen prexuízo da extinción da concesión ó amparo do disposto no artigo 157 do Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, anteriormente citado, que poida acorda-lo Ministerio de Medio Ambiente, e que será vinculante para esta consellería, o permiso de actividade ó que se refire este outorgamento extinguirase polo incumprimento dalgunhas das condicións desta orde e nos casos previstos no artigo 72, da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.

Quinta.-O concesionario queda obrigado ó cumprimento do disposto na Lei 6/1993, de pesca de Galicia, así como no Real decreto 1437/1992, do 27 de novembro, polo que se fixan as normas sanitarias aplicables á producción e comercialización

dos productos pesqueiros e da acuicultura (BOE nº 11, do 13-1-1993) e demais concordantes que lle sexan de aplicación. Igualmente queda obrigado ó cumprimento das disposicións en vigor relativas en materia laboral e de protección das industrias, e cantas disposicións se dicten sobre esta materia.

Sexta.-O titular está obrigado a cumprir canto dispón o capítulo III (inmersións de especies mariñas) artigo 54 e seguintes do Decreto 423/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños (DOG nº 13, do 20-1-1994).

Sétima.-O outorgamento desta concesión e permiso de actividade non exime o seu titular da obtención das licencias, permisos e autorizacións legalmente procedentes.

Oitava.-O titular xustificará o pagamento á Facenda pública do imposto que grava as concesións e autorizacións (transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados) ou acreditará a declaración de non estar suxeito ó pago do dito imposto, feita pola Delegación de Facenda ou oficina liquidadora correspondente.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 1996.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

7076