Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara;tendo en conta o previsto no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio), e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.
Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe do Servicio Xurídico de Planificación, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:
Denominación da batea: Teira.
Cultivo: mexillón.
Localización: Caramiñal G, cuadrícula nº 1.
Data da concesión: 3-4-1970.
Data do remate da última prórroga: 3-4-2000.
Anterior concesionario: Francisco González Sanisidro e Mª Concepción Teira Lojo.
Novo titular da concesión e batea: Francisco González Sanisidro.
O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.
A Coruña, 20 de setembro de 1996.
P.D. (Orde 27-6-1990)
Jesús Espada Martínez
Delegado territorial da Coruña
7078