Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 10 de outubro de 1996 Páx. 9.006

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se fan públicas as adxudicacións das poxas, procedemento aberto, das obras do proxecto de camiños principais da zona de concentración parcelaria de Doniz (Cartelle) e outra máis.

A Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes en Ourense, resolve adxudica-la poxa, procedemento aberto, das obras do proxecto de camiños principais da zona de concentración parcelaria de Doniz, concello de Cartelle (Ourense) e outra máis.

Por Resolución do 24 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, anunciouse a citada poxa, procedemento aberto.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o delegado provincial resolveu adxudica-las obras as seguintes empresas:

-Título: proxecto de camiños principais da zona de concentración parcelaria de Doniz (Concello de Cartelle-Ourense).

Clave: X-3374-ES/OUR-96.15.

Empresa: Dago, S.A.

Importe da adxudicación: 21.119.980 ptas.

-Título: proxecto de camiños principais da zona de concentración parcelaria de Porqueiros. Concello de Muíños (Ourense).

Clave: X-3358-ES/OUR-96.16.

Empresa: Corsan Empresa Constructora, S.A.

Importe da adxudicación: 33.487.933 ptas.

Ourense, 16 de setembro de 1996.

Jacobo Gómez-Orellana Rodríguez

Delegado provincial de Ourense

7226