Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 10 de outubro de 1996 Páx. 9.005

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN661A 96/1-1).

Para os efectos previstos no Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da energía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a solicitude da empresa Grupo Auxiliar Metalúrgico, S.A., con domicilio en Arcaute, 5, Vitoria (Álava) para a autorización administrativa do parque eólico de Coriscada con base nos seguintes datos:

-Concellos afectados: Mañón e Ortigueira.

-Superficie afectada de 5,4 km e coordenadas V (0.603.500 W, 4.842.000 N) e V (0.603.500 W, 4.841.000 N) e V (0.603.000 W, 4.840.500 N) e V (0.603.000 W, 4.840.000 N) e V (0.602.750 W, 4.837.763 N) e V (0.602.500 W, 4.837.000 N) e V (0.601.750 W, 4.835.939 N) e V (0.602.000 W, 4.835.000 N) e V (0.601.500 W, 4.834.500 N) e V (0.601.000 W, 4.835.000 N) e V (0.601.500 W, 4.835.500 N) e V (0.601.000 W, 4.836.000 N) e V (0.601.500 W, 4.836.500 N) e V (0.601.000 W, 4.838.000 N) e V (0.601.500 W, 4.837.500 N) e V (0.602.000 W, 4.837.500 N) e V (0.602.000 W, 4.839.500 N) e V (0.603.000 W, 4.841.000 N) e V (0.603.000 W, 4.842.000 N).

-Potencia que se vai instalar: 24 mW.

Durante o prazo de vinte días, poderanse presentar solicitudes en competencia, axustándose ó disposto no artigo 10 do Decreto 205/1995, da Xunta de Galicia.

A Coruña, 19 de setembro de 1996.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9607034