Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: rúa Severo Ochoa, 2, A Grela, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Penas e A Ponte.
Situación: Melide.
Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios de formigón
e conductor LA-56, de 168 m de lonxitude, con orixe na liña Moutotiño-Casallas e final no C.T. que se vai instalar en Penas. Centro de transformación aéreo, de 50 kVA en Penas, con tensións de 20/0,380-0,220 kV, do que sale rede de baixa tensión en conductor R.Z. de 30 m de lonxitude. Melide.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 3 de setembro de 1996.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
9607333