Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 10 de outubro de 1996 Páx. 9.005

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/126-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: rúa Severo Ochoa, 2, A Grela, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Vilar Rosende.

Situación: Touro.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e metálicos de 1172 m de lonxitude, con orixe na liña Portodemouros-Cornado (expediente 33932) e final no C.T. a instalar en Vilar Rosende. Centro de transformación aéreo, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Vilar Rosende e saída a rede de baixa tensión con conductor R.Z. e 160 m de lonxitude. Touro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 3 de setembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

6948