Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 10 de outubro de 1996 Páx. 8.998

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde de 23 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Proxecto de construcción: acondicionamento da estrada OUR-122 de Sobradelo a Casaio. Treito: Sobradelo-Casaio.

Adxudicatario: Construcciones Laín, S.A.

Orzamento: 666.240.141 ptas.

-Proxecto de construcción estrada PO-233. Treito: Pontevedra-Cotobade.

Adxudicatario: José Malvar Construcciones, S.A.

Orzamento: 271.535.985 ptas.

-Proxecto de construcción C-550 Fisterra a Tui pola costa.

Treito: Cee-Fisterra.

Adxudicatario: CRC Obras y Servicios, S.L.

Orzamento: 440.806.850 ptas.

-Proxecto de construcción A Rañada-Salvaterra de Miño.

Adxudicatario: Covsa.

Orzamento: 71.143.000 ptas.

-Proxecto de construcción: acondicionamento marxes río Lerez, accesos a Monteporreiro e dotación de servicios.

Adxudicatario: OCP Construcciones, S.A.

Orzamento: 353.311.977 ptas.

-Acondicionamento da plataforma da estrada AC-414 camiño de Carballo a Buño. P.Q. 0.700 ó 9,700.

Adxudicatario: Francisco Gómez y CIA, S.L.

Orzamento:53.622.719 ptas.

-Acondicionamento da estrada de Ribadeo a Ferrol por Ortigueira. Treito: Xubia-Ferrol.

Adxudicatario: Ecinsa.

Orzamento: 44.459.975 ptas.

-Mellora da capa de rodadura na OUR-113. Verín-Castrelo do Val-Laza.

Adxudicatario: Acoval, S.A.

Orzamento: 61.956.101 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 de la Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 1996.

P.D.(Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

7320