Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 10 de outubro de 1996 Páx. 8.992

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Ingeniería Urbana, S.A. (Centro de Pontevedra).

Visto o expediente do convenio colectivopara a empresa Ingeniería Urbana, S.A. (Centro de Pontevedra), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 27-7-1996, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa en data 17-6-1996. De conformidade co disposto noa rtigo

90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios coelctivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e saervicios da Administración do estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistros de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negocaidora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no sServicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 29 de xullo de 1996.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Ingeniería Urbana, S.A.

Artigo 1º.-Ámbito de aplciación.

O presente convenio colectivo regulará as relacións laborais entre a empresa Ingeniería Urbana, S.A., no seu centro de traballo de Pontevedra e os traballadores da dita empresa.

O cambio de titularidade da empresa ou dunha unidade autónoma dela, non extinguirá por si mesma a relación laboral, quedando o novo empresario subrogado nos dereitos e obrigas laborais do anterior. O cambio da titularidade esixirá o coñecemento da representación sindical dos traballadores afectados.

En todo o non previsto, neste artigo referente ó cambio de titularidade da empresa, haberá que aterse ó previsto con carácter xeral no artigo 44.1º do Estatuto dos traballadores.

Artigo 2º.-Vixencia.

O presente convenio colectivo entrará en vigor para tódolos efectos o 1º de xaneiro de 1996, todo elo con independencia da súa publicación no BOP.

Artigo 3º.-Duración e prórroga.

A duración do convenio será dous anos, é dicir, para o período comprendido entre o 1º de xaneiro de 1996 e o 31 de decembro de 1997.

O presente convenio considerarase automaticamente denunciado, unha vez rematada a vixencia prevista no punto anterior, sen necesidade de ningún aviso previso, continuando o seu articulado en vigor mentres non exista un texto alternativo que o substitúa.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

O persoal que con anterioridade ó establecemento do presente convenio viñera disfrutando de condicións mais beneficiosas que as aquí pactadas, as conservará ad personam.

Artigo 5º.-Comisión paritaria.

Constitúese unha comisión paritaria no presente convenio coas funcións que se especifiquen no artigo 6º. A comisión reunirase unha vez cada dous meses, agás convocatoria de calquera das partes por causa seria e grave que afecte os intereses xerais có ámbito do convenio.

A xuntanza, que será convocada por escrito e polo menos con tres días hábiles de antelación, deberá incluír necesariamente os temas que se van tratar na orde do día.

Serán vocais desta, tres representantes dos traballadores e tres da empresa, designados respectivamente polas partes asinantes do convenio. Será secretario un vocal da comisión paritaria, nomeado por cada sesión, tendo en conta que o cargo recaerá unha vez nos representantes dos traballadores e a seguinte nos representantes da empresa.

Artigo 6º.-Funcións da comisión paritaria.

As funcións da comisión paritaria serán as seguintes:

a) Interpretación da aplicación da totalidade do convenio.

b) Vixilancia e cumprimento do pactado.

c) Cantas outras actividades tendan á maior eficacia práctica do convenio ou veñan establecidas no seu texto.

Artigo 7º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo será de 38 horas semanais de traballo efectivo.

Os traballadores disporán de media hora para toma-lo bocadillo. O horario para este mester será de 10 a 10.30 horas para o turno de mañá, de 17 a 17.30 horas para o turno de tarde e de 1 a 1.30 horas para a quenda de noite.

Os días 24 e 31 de decembro consideraranse para tódolos efectos como días non laborais e retribuídos para todo o persoal de recollida de noite.

Ademais os días 25 de decembro e 1º de cada ano consideránse como días festivos excepcionais e serán primados por criterio da empresa, como mínimo cún 50% sobor do día festivo na contía fixada para o traballo obrigatorio.

O día trés de novembro, día de San Martín de Porres, patrón da actividade, considerarase como festivo.

Artigo 8º.-Vacacións.

O persoal comprendido no presente convenio desfrutará dun período anual de vacacións de 30 días naturais, e son polo menos 21 deles laborais e podendo disfrutarse ó longo de todo o ano. Na empresa establecerase unha orde rotatoria de preferencia, de tal xeito que o traballador que nun ano foi primeiro á hora de elixir quenda pase a se-lo derradeiro no ano seguinte.

O calendario de vacacións exporase nos taboleiros de anuncios da empresa.

O traballador coñecerá as datas en que lle corresponde desfrutar das súas vacacións, polo menos dous meses antes do comenzo do seu desfrute. En todo caso, as vacacións non poderán comezar a disfrutarse no día anterior a festivo.

En caso de discrepancia aplicaranse en canto ás vacacións os seguintes criterios:

a) Solicitude do traballador.

b) Rotatividade por gremios e categoría.

c) Preferencia por antigüidade.

Os criterios anteriores serán resoltos polo comité de empresa.

A empresa determinará o número de traballadores que mensualmente desfrutará vacacións.

Artigo 9º.-Licencias e permisos.

O traballador, logo do aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo que se indica:

a) Dezasete días naturais en caso de matrimonio.

b) Tres días naturais por nacemento de fillo. Dos cales alomenos dous serán laboráis. Se concorrese enfermidade grave aumentarase a cinco días.

c) Catro días naturais por falecemento de cónxuxe, pais e fillos.

d) Dous días por enfermidade grave ou falecemento de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Cando con tal motivo o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de catro días.

En caso de enfermidade grave con hospitalización, o permiso será de tres días.

Se o traballador tivese que acompañar a familiar de primeiro grao de consanguinidade ou afinidade doente gravemente co fin de que reciba asistencia médica noutra localidade precisa xustificación, a licencia ampliarase ata cinco días naturais.

e) Un día natural por matrimonio de fillos ou irmáns, e outros tres se a cerimonia se realiza fóra da provincia.

f) Un día natural por traslado de domicilio habitual.

g) Para concorrer a exámenes finais, liberatorios e de máis probas definitivas de aptitude e avaliación de centros oficiais durante os días de celebración, no excedemento en conxunto de dez días ó ano.

h) Para deberes de carácter público e persoal, así como para consulta médica, a empresa concederá a seus traballadores permiso retribuído polo tempo necesario co fin de que estes poidan cumprir cos seus deberes de carácter público e persoal (renovación do DNI, revista militar, solicitude ou renovación do carné de conducir, etc.). Enténdese que este permiso será concedido cando o horario dos centros nos que deba ser realizada a correspondente xestión coincida coa xornada laboral do traballador. Para ter dereito ó tempo necesario para consulta médica, o productor que vaia asistir á consulta médica deberá polo en coñecemento da empresa e trae-lo xustificante correspondente da dita asistencia, comprometéndose o productor de ser posible ó remate do distrito asignado.

i) Un día por falecemento de tíos do traballador para asistencia ó enterro.

Artigo 10º.-Salarios.

Fíxase un salario mínimo de convenio de 95.785 pesetas, establecéndose con efectos do 1º de xaneiro de 1996 a seguinte táboa salarial por categorías:

* Delegado106.046

* Xefe de servicio103.995

* Encargado xeral101.940

* Encargado vertedoiro99.890

* Capataz99.890

* Administrativo99.890

* Mecánico conductor99.890

* Conductor97.835

* Vixiante vertedoiro95.785

* Peón95.785

* Limpiador95.785

* Cristaleiro95.785

A subida salarial que representa esta táboa respecto doss salarios do ano 1995 e tendo en conta a actual distribución de persoas por categorías é do 5,5%.

Para 1997 o incremento para tódolos conceptos que teñan contido salarial será o IPC real do ano 1996 máis un punto.

As retribucións pactadas no presente convenio compensarán e absorberan tódalas existentes no momento da súa entrada en vigor, calquera que sexa a súa natureza ou orixe.

Artigo 11º.-Antigüidade.

A antigüidade será consolidada e pagada conforme a do sector, é dicir, tres bienios do 5% e posteriores quinquenios do 7%.

Comezarán a aboarse desde o 1º de xaneiro do ano en que se cumpran os bienios ou quinquenios de que se traten.

A acumulación dos incrementos por antigüidade non poderán supoñer en ningún caso máis:

* Do 10% ós 5 anos.

* Do 25% ós 15 anos.

* Do 40% ós 20 anos.

* Do 60% como máximo ós 25 anos.

Artigo 12º.-Plus de penosidade.

Establécese un plus de penosidade que consiste no 25% do salario base. O dito plus será percibido por tódolos traballadores da empresa durante os doce meses do ano.

Artigo 13º.-Plus de nocturnidade.

Establécese un plus de nocturnidade que consiste no 30% do salario base. O dito plus pagarase os doce meses do ano.

Artigo 14º.-Gratificacións extraordinarias.

Todo o persoal afecto a este convenio percibirá as seguintes gratificacións extraordinarias:

Gratificación do verán ou xullo, gratificación do Nadal e gratificación de beneficios.

Establécense as seguintes datas límite de pago destas gratificacións:

* Gratificacións de verán ou xullo: 15 de xullo.

* Gratificación de Nadal: 15 de decembro.

* Gratificación de beneficios: 15 de abril.

As citadas gratificacións extraordinarias serán equivalentes cada unha delas a 30 días de salario base máis antigüidade.

Artigo 15º.-Horas extraordinarias.

Procurarase efectúa-las horas extraordinarias mínimas indispensables, e, en todo caso, cos límites que determina o Estatuto dos traballadores.

Empresario e traballadores a través da súa representación legal poderán pactar que as horas extras se aboen na contía determinada na lexislación laboral vixente, ou se compensen por tempo de descanso, de acordo co previsto no R.D. 1/1994.

Artigo 16º.-Plus de transporte.

Establécese un plus de transporte de 6.306 pesetas mensuais para cada un dos traballadores da empresa.

Artigo 17º.-Plus de distancia.

Establécese un plus de distancia de 2.480 pesetas mensuais para todo o persoal que diariamente teña que desprazarse á nave; o dito plus será percibido tamén polo persoal que presta servicios no vertedoiro.

Artigo 18º.-Axudas de custo.

Establécese unha axuda de custo de 5.045 pesetas, e unha media de 2.523 pesetas diarias.

Artigo 19º.-Achega por diminuídos físicos ou psíquicos.

A dita achega queda establecida na cantidade de 8.332 pesetas mensuais para aqueles traballadores que teñan o seu cargo familiares diminuídos psíquicos ou físicos.

Artigo 20º.-Indemnización por falecemento ou invalidez derivada de accidente.

Establécese unha indemnización de 1.286.043 e 2.057.668 pesetas, respectivamente, para cada continxencia. As ditas contías serán actualizadas anualmente conforme ó establecido na correspondente póliza da entidade aseguradora.

Artigo 21º.-Fondo social.

Crearase un fondo de 600.000 pesetas para préstamos persoais e ó dito fondo pode recorrer calquera traballador/a sen que en ningún momento os préstamos solicitados e concedidos poidan superar esta contía sendo devolto ó fondo nun período máximo de 12 meses, os préstamos pendentes de adxudicar por estar cuberto o máximo establecido iranse entregando cando reposto o fondo haxa cantidade suficiente para o seu outorgamento. A orde de concesión de préstamos será o fixado polo comité de empresa.

O prazo para a concesión do préstamo non será superior a 5 días.

Artigo 22º.-Axuda de estudios.

A cada traballador que teña fillos en EXB/ESO, aboaráselle unha cantidade anual total de 5.275 pesetas en concepto de axuda de estudios. A dita cantidade farase efectiva coa nómina do mes de setembro, previa xustificación.

Artigo 23º.-Roupas de traballo.

Entregarase a todo o persoal de limpeza e recollida dous uniformes e duas camisas ó ano nos meses de

maio e outubro. E para o persoal de limpeza de interiores, duas batas anuais, podendo sustituirse por chaqueta e pantalón a elección das traballadoras, catro pares de luvas, así como o calzado adecuado ó seu traballo. Para o persoal que preste os seus servicios no vertedoiro entregaránselle botas de seguridade.

Así mesmo, xunto co uniforme de inverno entregaráselle ó persoal de recollida e limpeza un par de botas de auga, tres pares de luvas protectoras, un conxunto de pantalóns e chaqueta impermeables e unha boina.

Tamén se entregará cada dous anos un anorak.

O material será entregado en cada centro de traballo pola empresa.

Artigo 24º.-Garantías sobre as condicións de traballo.

Co obxecto de que o traballador coñeza os datos relativos á súa afiliación e cotización ó réxime xeral da Seguridade Social, a empresa obrígase ó seguinte:

a) Facilitar copia do parte de alta na Seguridade Social ós traballadores dentro dos primeiros oito días do seu ingreso.

b) Publicación dos modelos TC1 e TC2 correspondentes ás cotizacións do último mes.

Así mesmo, mostrarase no taboleiro de anuncios copia da póliza coa entidade aseguradora sobre os riscos previstos no artigo 20º.

Artigo 25º.-Taboleiro de anuncios.

Será obrigatoria a existencia de taboleiros de anuncios nos que se fixarán as comunicacións da empresa, así como as comunicacións dos traballadores e a información sindical.

Artigo 26º.-Seguridade e hixiene.

Constituirase un comité de seguridade e hixiene no traballo:

a) Composición: estará constituído polo empresario ou quen o represente, un técnico cualificado na materia e catro representantes dos traballadores.

b) Funcións: serán as seguintes:

1. Promove-la observancia das disposicións vixentes en materia de seguridade e hixiene.

2. Estudiar e promove-las medidas oportunas na orde da prevención de riscos profesionais, protección da vida, integridade física, saúde e benestar dos traballadores.

3. Solicita-la colaboración dos gabinetes provinciais de seguridade e hixiene e institucións públicas, adicadas a estas funcións na implantación ou inspección de medidas de protección no centro de traballo, dándose traslado ós compoñentes do comité de seguridade e hixiene, dos informes que puidesen enviar a estes organismos.

4. Ser informado pola dirección da empresa das medidas concretas previstas para o centro de traballo en materia de seguridade e hixiene, tendo facultade o comité, por iniciativa propia, de propoñer as adecuacións ou modificacións pertinentes ó plan de seguridade.

5. O comité de seguridade e hixiene poderá paralizar unha ou varias unidades de traballo no só suposto

de risco para os traballadores, debéndollo poñer de inmediato en coñecimento dos servicios técnicos de seguridade na empresa.

6. O comité de seguridade e hixiene deberá levar unha estatística sinxela das medidas adoptadas, accidentes, ordes de seguridade dadas e requirimento ós traballadores resistentes á adopción de medidas de protección.

7. A información resultante daráselle a coñecer a todo persoal mediante a súa inserción nos taboleiros de anuncios.

c) Actividade: o comité de seguridade de hixiene reunirase unha vez ó mes en horas de traballo. As reunións extraordinarias faranse por razóns de urxencia e fóra das horas de traballo.

Os membros do comité disporán dunha hora semanal para que de maneira habitual e efectiva comproben o cumprimento das medidas de seguridade individuais e estado das colectivas.

Artigo 27º.-Recoñecementos médicos.

Todo o persoal comprendido no presente convenio someterase a unha revisión médica anual que será por conta da empresa, así como o transporte. O resultado do dito recoñecemento médico será comunicado ó traballador pola entidade que efectúe este.

Os traballadores do turno de tarde incorporaranse unha vez almorzado, despois de finaliza-lo recoñecemento médico. Isto sempre que poidan dispoñer de transporte público regular, de non ser que o medio de locomoción sexa facilitado pola empresa.

A empresa comprométese a que os recoñecementos médicos do persoal se fagan no período 1 de maio ó 30 de xuño de cada ano e nas mellores condicións de asistencia médica e sanitaria, e o dito recoñecemento consistirá como mínimo en:

-Audiometría.

-Control da vista.

-Análises de ouriños.

-Espirometría.

-Exploración clínica.

Tamén se farán campañas de vacinación que consistirán en:

-Vacina contra o tétanos.

-Vacina contra a hepatite B, con análise do sangue previo.

Artigo 28º.-Dereitos sindicais.

a) A empresa respectará o dereito dos traballadores a sindicarse e non poderá suxeita-lo emprego dun traballador coa condición de que non se afilie ou renuncie á súa afiliación sindical.

b) A empresa non poderá despedir a un traballador nin perxudicalo por mor da súa afiliación ou actividade sindical.

c) A empresa recoñece o dereito dos traballadores afiliados a un sindicato a celebrar reunións, recadar cotas e distribuír información sindical fóra de horas de traballo.

d) O crédito de horas mensuais que lles corresponde ós membros do comité de empresa, poderán acumularse nun ou varios dos compoñentes, sen rebasa-lo máximo total, quedando relevado ou relevados do traballo, sen prexuízo da súa remuneración.

e) O persoal terá un permiso retribuído para a celebración de catro asembleas anuais, dede as 20 a 23 horas.

f) A empresa respectará a legalidade vixente en materia de acumulación de horas sindicais, conforme o cal os cargos sindicais poderán acumula-las ditas horas entre si segundo teñan por convite.

Artigo 29º.-Excedencias.

A excedencia poderá ser voluntaria ou forzosa. A forzosa que dará dereito á conservación do posto de traballo e do cómputo de antigüidade da súa vixencia, concederase pola elección ou designación dun cargo público que imposibilite a asistencia ó traballo. O reintegro deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo público. O traballador, con alomenos unha antigüidade na empresa dun ano, ten dereito a excedencia voluntaria por un prazo non menor de dous anos e maior de cinco. Este dereito só poderá ser exercitado outra vez polo mesmo traballador se transcorreron catro anos desde o remate da anterior excedencia.

Os traballadores terán dereito a un período de excedencia non superior a tres anos para atender ó coidado de cada fillo, contados desde a data de nacemento deste. Os sucesivos fillos darán dereito a un novo período de excedencia que, se é o caso, poñerán fin ó que viñera disfrutando. Cando o pai e a nai traballen, só un deles poderá executar este dereito.

Terán dereito á situación de excedencia na empresa os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior, mentres dure o exercicio do seu cargo representativo.

Artigo 30º.-Reloxio.

A empresa porá un reloxio de parede que servirá de orientación ó persoal. O recinto permanecerá aberto durante 15 minutos máis tarde da hora de entrada. Todo aquel productor que chegue no intervalo de 15 minutos citados no apartado anterior comezará a traballar unha hora máis tarde da hora de entrada e serán obxecto dunha hora de desconto comprometéndose a deixa-lo distrito que se lle asigne rematado. O establecido anteriormente terá lugar cando se cometa falta de puntualidade superior a unha cada dous meses.

Artigo 31º.-Faltas e sancións.

A empresa informará ó comité de empresa das sancións que se impoñan ós traballadores, así como dos motivos destas e da súa calificación de acordo coa lexislación vixente. Esta información ó comité de empresa será anterior á comunicación da sanción ó traballador afectado. Non se poderá impoñer sancións que consistan na reducción do período de vacacións ou minorización dos dereitos ó descanso do traballador ou multa de haber.

Por petición dos traballadores sancionados, o comité de empresa facilitará a éste no caso de ser posible e en reunión para o efecto, información suplementaria co fin de chegar a un coñecemento máis obxetivo dos feitos.

Artigo 32º.-Xubilación.

Os traballadores que cumpran a idade de 64 anos e demais requisitos esixidos poderán acollerse á xubilación segundo determina o R.D. 14/1981, de 20 de agosto e R.D. 1194/1985, para este efecto as empresas obrigaranse a contratar simultaneamente no lugar do xubilado outro traballador que sexa titular de prestación de desemprego ou xove en demanda do primeiro emprego.

Artigo 33º.-Liquidación.

Tódolos recibos que teñan carácter de finiquitos asinaranse en presencia dun membro do comité ou asesor sindical. Estes recibos asinaranse de conformidade co modelo anexo a este convenio. No dito documento constará o nome e a sinatura do membro do comité ou asesor sindical.

Artigo 34º.-Cota sindical.

Por petición da central sindical correspondente e logo da conformidade por escrito do afiliado, a empresa encargarase da recadación da cota mediante o desconto en nómina e o seu ingreso na conta bancaria que a central determine.

Artigo 35º.-Domingos e festivos.

Para o caso de traballar en domingos e festivos aboaráselle a cada traballador que realice este traballo voluntariamente unha cantidade igual a 3.783 pesetas por cada domingo ou festivo traballado, e unha cantidade igual a 6.306 pesetas se este traballo o realiza dun xeito forzoso, ademais do correspondente descanso substitutorio. Estas asignacións non as percibirán os/as traballadores/as de noite que fagan a súa recollida en sábado de madrugada.

O dito plus aboaráselle tamen ó persoal do vertedoiro.

Artigo 36º.-Composición da mesa negociadora.

Validez da representación e capacidade de obrigarse: o presente convenio colectivo de ámbito empresarial foi negociado entre os representantes da empresa Juan Manuel Gil Martínez e José Antonio Martín Bermejo, José Somoza Pérez, e os representantes dos traballadores Ángel Miranda Leiro, Ramón Cousido Gonzalez, José M. Outeda Cochón, Manuel Iglesias Pazos, Mª Teresa Jaén Trelles, Manuel Rotea Jorge, Manuel Sabarís Couselo, Jesús Búa Eirín, Agustín Sabarís Ucha, todos eles membros do comité de empresa, e como asesores da parte social José L. García Pedrosa (CC.OO.) e Manuel Currás Meira (C.I.G).

A comisión negociadora constitúese válida e debidamente en tódalas súas sesións e as partes recoñecéronse mutuamente a representación con que actuaron e a capacidade suficiente para o outorgamento dos acordos no presente convenio.

Artigo 37º.-Responsabilidade ante terceiros.

A empresa disporá dunha póliza de responsabilidade civil que cubra os posibles riscos producidos a terceiras persoas no exercicio da actividade habitual desenvolta que é a de recollida do lixo, limpeza viaria, limpeza de interiores e eliminación de residuos.

Para casos especiais non cubertos pola póliza crearase unha comisión representada por tres membros do comité, un de cada central sindical representada e

un representante da empresa, a dita comisión estudiará os casos especiais e emitirá un informe vinculante.

Artigo 38º.-Complemento por incapacidade laboral transitoria derivada de accidente de traballo.

Na situación de incapacidade laboral transitoria derivada de accidente de traballo ou enfermidade profesional, a empresa complementará ata o 100% do salario base, antigüidade e plus de perigosidade desde o primeiro día do parte de baixa. Así mismo, naqueles casos nos que exista baixa por ILT por enfermidade común ou accidente non laboral con hospitalización, a empresa aboará ata o 100% do salario base, antigüidade, nocturnidade e plus de perigosidade, desde o día no que se produza a hospitalización e mentres dure esta.

Para os casos de ILT derivada de enfermidade común a empresa complementará ata o 100% do salario base, antigüidade, toxicidade e nocturnidade a partir do 20 días do inicio da baixa. Naqueles supostos nos que a empresa denuncie posibles irregularidades nas situación de ILT poderá deixar de aboar este complemento a partir do día 60 da baixa sempre que exista acordo maioritario neste senso dunha comisión formada para o efecto por dous representantes da empresa e dous dos traballadores.

O tempo dedicado a esta tarefa haberá de realizarse dentro do horario de traballo e computarase como traballo efectivo.

Artigo 39º.-Fomento de emprego.

Todo o persoal contratado que esgote o período máximo legal establecido pasará a ser fixo en cadro de persoal laboral da empresa.

As traballadoras que a empresa incorpora dentro das fixas-discontínuas, o día 1º de setembro para realizar limpezas de choque, serán rotadas, sempre que dispoñan de medios de transporte propio para realiza-lo traballo que a empresa tén asinado, quedando obrigadas a realiza-lo traballo que a empresa lles asine.

Artigo 40º.-Escape de vehículos.

A empresa comprométese a realizar de forma paulatina as melloras necesarias co obxecto de evitar escapes laterais de gases nos camións de recollida de lixo.

Artigo 41º.-Ordenanza laboral.

As partes asinantes do presente convenio acordan que o contido da Ordenanza laboral do sector (limpeza pública, regos, recollida de lixo e sumidoiros), séguese aplicando, ata que unha vez estudiado o Acordo marco do sector (ou convenio xeral de limpeza pública), publicado no BOE nº 58, do 7 de marzo de 1996, poda ser estudiado pola comisión paritaria e incorporado caso de estimalo o presente convenio colectivo.

Recibo finiquito

Empresa

Empregado

Data cesamentoCausa

O traballador suxeito cesa na prestación do seus servicios por conta da empresa enriba indicada, e recibe neste acto a liquidación de partes proporcionais na contía e detalle que se expresa ó pé, con este recibo

recoñecese saldado e liquidado por tódolos conceptos coa referida empresa, comprometéndose a non pedir nin reclamar á empresa.

En Pontevedra, ... de... de 19...

Asdo. O Delegado sindical, Asdo. O Traballador, Asdo. A empresa

Detalle liquidación

Liquidación verán

Liquidación vacacións

Suma

Liquidación renda

Desexa Vd. que esta liquidación sexa visada polo comité delegado ou centrales sindicales logo da súa aprobación.

SI NON

Sinatura,

Líquido que se vai percibir

Permiso para consulta médica que concede a empresa Ingeniería Urbana, S.A.

Productor/a

O productor mencionado foi consultado no día da data, desde as..., ata as ... horas.

En Pontevedra, ... de... de 199...

Asdo. Dr.

Nota: este volante só se extenderá para efectos de xustificar ante a empresa, o tempo de consulta en institucións da Seguridade Social.

7095