Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 10 de outubro de 1996 Páx. 8.998

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 1996, da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso de procedemento aberto, de estudio sobre as necesidades de transporte público de viaxeiros na mancomunidade de municipios limítrofes co municipio da Coruña.

1. Entidade adxudicataria: Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda.

a) Organismo: Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: estudio sobre as necesidades de transporte público de viaxeiros na mancomunidade de municipios limítrofes co municipio da Coruña.

b) Prazo de execución: 6 meses.

3. Tramitación, procedemento, e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 13.400.000 ptas.

5. Garantías.

Provisional: dispensada ós que acrediten a clasificación requirida.

6. Obtención de documentación e información.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, e o de prescricións técnicas, que rexen o concurso, poderán recollerse en:

a) Entidad: nas delegacións provinciais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

No Servicio Provincial de Transportes da Coruña.

Na Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte.

b) Enderezo: Praza de Europa 5-A (2º andar).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

d) Teléfono: (981) 54 45 94.

e) Telefax: (981) 54 43 51.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo I, subgrupo 3, categoría B.

b) Outros requisitos: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo: o prazo de admisión das proposicións rematerá ás catorce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia,

b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda ou enviarse polo correo dentro do prazo

de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Domicilio: r/ San Caetano, s/n.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15071.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte.

b) Domicilio: r/ Praza de Europa 5-A (2º andar).

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte á data de terminación do prazo de presentación das proposicións.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido destes e o seguinte lema. «Proposición que presenta... para optar ó concurso de estudio sobre as necesidades de transporte público de viaxeiros na mancomunidade de municipios limítrofes con o municipio da Coruña».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 1996.

Emilio García Gallego

Director xeral de Obras Públicas e Transportes

7331