Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 10 de outubro de 1996 Páx. 8.991

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 23 de setembro de 1996 pola que se clasifica como de interese cultural da Fundación Miñor.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Miñor, con domicilio en Baiona (Pontevedra).

Supostos de feito.

1. Luis Carlos de la Peña Arizaga, na súa calidade de presidente do Padroado da fundación, en escrito de 21 de agosto de 1996, formulou solicitude de clasificación dela para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Baiona, o día 12 de abril de 1996, ante o notario do Colexio da Coruña César M.Fernández-Casqueiro Domínguez, co número trescentos catorce do seu protocolo, por Paulino Figueroa Rial, Luis Miguel Zozaya Servera, Tomás García Viviens, Mª Teresa Pérez Vieira, Ubaldino Rodríguez Bello, Blanca González Pereda, José Manuel Gómez Varela, Luis Carlos de la Peña Arizaga, Mª del Carmen Quintas Núñez, Román Pereiro Alonso, José Mª Galbán Sanchón, Mª Mercedes Rodríguez-Lepina Portela, Xoán Traba Díaz, Alejandro Jesús Bahíllo Fernández, Julián María San Segundo Fernández, José Ramón Vives Pereira, Vicente Montejano Conejero, Herminio Leyenda Vilar, Eduardo Matamoro Quirós, Carmen Irago García, Jesús Louro Carballeira, Onésimo Juncos Rabadán, Francisco Mantecón Rodríguez, Enrique Mandado Pérez y César M.Fernández-Casqueiro Domínguez todos eles no seu propio nome e dereito e ademais, Luis Carlos de la Peña Arizaga, en representación

de Miguel Sáenz de Viteri Fernández, Gonzalo Álvarez Jurado, Benito Quintas Rodríguez, José J.Rial

González, Manuel Portoloes Sanjuán, Consuelo Barcia Álvarez, Adriano do Carmo Fernández, María Ares Montaña, María de los Ángeles Galbán Sanchón, Javier Moro Suárez, Manuel Rodríguez Vázquez, Modesto Vázquez Riveiro, María del Carmen Parada López, José Tojo Suárez e Ángel Caicoya de Urzaiz, Alejandro Bahíllo Fernández en representación de Margarita Elesppe Sanmartín, José Álvarez de Paz e Teresa Lucía López García, Alfonso Mandado Robles en representación de Alfonso Mandado Vázquez, María del Carmen Quintas Núñez, en representación de José Domingo Pérez e Román Pereiro Alonso, en representación de María Elena Rodríguez-Lepina Portela, Marcos Pereiro Rodríguez-Lepina e Román Pereiro Rodríguez-Lepina.

3. Segundo consta no artigo dous dos seus estatutos o obxecto da fundación é a promoción e fomento de actividades culturais, artísticas e de interese medioambiental, socioeconómico e deportivo na área xeográfica do Val Miñor.

4. O padroado da fundación estará constituído por Luis Carlos de la Peña Arizaga como presidente, Román Pereiro Alonso como vicepresidente, José Manuel Gómez Varela como secretario e Luis Miguel Zozaya Servera, Paulino Figueroa Rial e Alfonso Mandado Vázquez como vocais.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como de interese cultural da Fundación Miñor, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2 do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese cultural e a súa adscrición á Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2.c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento

do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 16 de setembro de 1996.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como de interese cultural a Fundación Miñor e adscribíla á Consellería de Cultura e Comunicación Social, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

7055