Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 10 de outubro de 1996 Páx. 8.990

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 20 de setembro de 1996 pola que se clasifica como mixta a Fundación José Otero-Carmela Martínez.

Visto o expediente de clasificación da Fundación José Otero-Carmela Martínez con domicilio en Santiago de Compostela,

Supostos de feito.

1. José Otero Otero, na súa calidade de presidente da fundación, en escrito de trinta de xullo de 1996,

formulou solicitude de clasificación desta para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Santiago de Compostela o día 27 de xuño de 1996, ante o notario do Colexio da Coruña José Antonio Montero Pardo, co número mil cento dezasete do seu protocolo, por José Otero Otero e María del Carmen Martínez San José no seu propio nome e dereito.

3. Segundo consta no artigo seis dos seus estatutos o obxecto da fundación é a concesión de bolsas a estudiantes, a formación, execución e desenvolvemento de programas de investigación; a dotación de bibliotecas e fondos culturais así como a axuda ós anciáns e persoas discapacitadas, nas diversas formas que aconselle a súa asistencia; e axudas extraordinarias a carencias infantís de todo tipo.

4. O padroado da fundación estará constituído por José Otero Otero como presidente, Mª del Carmen Martínez San José como vicepresidenta, Antonio Liñares Seco como secretario e o rector Darío Villanueva Prieto en representación da Universidade de Santiago de Compostela, o arcebispo Julián Barrio Barrio en representación do arcebispado de Santiago de Compostela, María Jesús Juanatey Dorado, Alfredo Campos García, Manuel Sabín Sabín, Ramón Sabín Sabín, María del Carmen Carballido Rey e Rafael Couceiro Martínez como vocais.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como mixta da Fundación José Otero-Carmela Martínez dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como mixta e a súa adscrición á Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2.c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o regulamento de organización e funcionamento

do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 16 de setembro de 1996.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como mixta a Fundación José Otero-Carmela Martínez e adscribila á Consellería da Presidencia e Administración Pública, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

7222