Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 10 de outubro de 1996 Páx. 8.989

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 2 de outubro de 1996 pola que se modifica a do 12 de novembro de 1986, que crea a comisión asesora en materia de saúde mental.

A comisión asesora en materia de saúde mental creouse por Orde do 12 de novembro de 1986 coa finalidade de asesora-la Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en materia de saúde mental, emitir informes e realizar estudios sobre aspectos concretos da atención nesta materia, ben por propia iniciativa ou por solicitude da consellería. Segundo o artigo 3º desta orde correspóndelle ó conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais o nomeamento e a remoción dos membros da comisión asesora en materia de saúde mental, entre persoas de recoñecido prestixio no ámbito desta especialidade. Doutro xeito resulta conveniente adapta-la composición desta comisión á nova estructura do Servicio Galego de Saúde, regulada polo Decreto 64/1996, do 15 de febreiro.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire a Lei 4/1983, do 23 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo único.

Modifícanse os artigos 4º e 5º da Orde do 12 de novembro de 1986 pola que se crea a comisión asesora en materia de saúde mental e quedan redactados do seguinte xeito:

«Artigo cuarto.-A comisión asesora da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en materia de

saúde mental estará formada polo seguintes membros:

Tiburcio Angosto Saura.

Adolfo Bobadilla Pardos.

Mª Dolores Domínguez Santos.

Miguel Anxo García González.

Emilio González Fernández.

José Manuel Lado Romero.

Mª Sol López Ares.

Fernando Márquez Gallego.

Federico Menéndez Osorio.

Arturo Rey Rodríguez.

Antonio Rodríguez López.

Purificación Sevilla Formariz.

Alejandro Torres Carbajo.

Ignacio Tortajada Bonaselt.

Francisco Vidal Pardo.

Manuel Aguilar López, director xeral de Servicios Sociais.

Manuel Araújo Gallego, comisionado do Plan Autonómico sobre Drogodependencias.

Mª José Rubio Vidal, subdirectora xeral do Programa de Atención Sociosanitaria.

Mario Páramo Fernández, xefe do Servicio de Saúde Mental, Docencia e Investigación en Atención Especializada.

Artigo quinto.-A comisión asesora da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en materia de saúde mental estará presidida polo director xeral de Atención Especializada, e actuará como secretario un funcionario da dita dirección xeral».

Disposición derradeira

Facúltase o director xeral de Atención Especializada para adopta-las medidas adecuadas en relación coa execución e desenvolvemento da presente orde.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 1996.

José Mª. Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

7221