Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 10 de outubro de 1996 Páx. 8.989

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 26 de setembro de 1996 pola que se modifican e amplían datos reflectidos na do 26 de xullo de 1994 pola que se declaran os ficheiros con datos de carácter persoal da Consellería de Industria e Comercio.

A orde desta Consellería de Industria e Comercio do 26 de xullo de 1994 (Diario Oficial de Galicia nº 146, do 30) declaraba os ficheiros automatizados con datos de carácter persoal xestionados por este departamento co obxecto de lle dar cumprimento ó establecido no número 2 da disposición adicional segunda da Lei orgánica 5/1992, do 29 de outubro, de regulación do tratamento automatizado dos datos de carácter persoal (LORTAD). Ó mesmo tempo procedeuse á inscrición no rexistro xeral de Protección de Datos dos devanditos ficheiros.

Unha vez inscrito, procede adecua-la información contida na referida disposición de carácter xeral coa reflectida rexistralmente, e co fin de eliminar discrepancias entre elas e asegurar ós administrados o exercicio dos seus lexítimos dereitos,

DISPOÑO:

Primeiro.-No apartado 1 do anexo da Orde do 26 de xullo de 1994, engádese un terceiro parágrafo, que di:

«Prevense cesións de datos de carácter persoal resultantes de comunicacións, consultas ou transferencias á consellería competente en materia de función pública».

Segundo.-No número 3 do anexo da devandita Orde do 26 de xullo de 1994 introdúcense as seguintes modificacións:

a) O segundo parágrafo do citado número queda redactado como segue:

«A responsabilidade sobre este rexistro automatizado correspóndelle á Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, sen prexuízo da responsabilidade directa que na xestión e custodia lle compete á xefatura do Servicio de Xestión Industrial, ante quen se poderán exerce-los dereitos de acceso, rectificación e cancelación».

b) Engádese un terceiro parágrafo que di:

«A cesión de datos axustarase ós supostos previstos nas disposicións legais e reglamentarias en vigor».

Terceiro.-O derradeiro parágarafo do número 4 do anexo da mencionada Orde do 26 de xullo de 1994 queda redactado como segue:

«A responsabilidade sobre este rexistro automatizado correspóndelle á Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, sen prexuízo da responsabilidade directa que na xestión e custodia lle compete á xefatura do Servicio de

cerse os dereitos de acceso, rectificación e cancelación».

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 1996.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

7321