Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 10 de outubro de 1996 Páx. 8.985

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 1 de outubro de 1996 pola que se desenvolve o Decreto 199/1996, do 2 de maio, polo que se prorroga o prazo de vixencia do Decreto 142/1992, do 5 de xuño, sobre subvencións a fondo perdido para rehabilitación de vivendas familiares no medio rural de Galicia.

O Decreto 199/1996, do 2 de maio, prorroga o prazo de vixencia do Decreto 142/1992, do 5 de xuño (DOG do 15 de xuño), sobre subvencións a fondo perdido para rehabilitación de vivendas familiares no medio rural de Galicia, e dispón que o prazo de presentación de solicitudes se determinará por orde da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda que será publicada no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo o prorrogado Decreto 142/1992, do 5 de xuño, na súa disposición derradeira primeira faculta o conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas, actualmente Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, para dictar, no marco das súas competencias, as disposicións que cumpran para o desenvolvemento e aplicación do devandito decreto.

En uso da referida autorización,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Para os efectos do disposto no apartado segundo do artigo 1º do Decreto 199/1996, do 2 de maio, determínase:

1. O prazo de presentación de solicitudes de subvencións a fondo perdido para rehabilitación de vivendas familiares no medio rural de Galicia comezará o día seguinte ó da publicación da presente orde.

2. As solicitudes axustaranse ó modelo establecido que figura no anexo II da presente disposición.

3. A finalización do prazo de presentación de solicitudes determinarase no seu día en función dos recursos orzamentarios e do número de solicitudes presentadas.

Artigo 2º

Para efectos do disposto no artigo 5º do Decreto 142/1992, o catálogo de traballos e prezos máximos é o que figura no anexo I da presente orde.

Artigo 3º

A concesión destas axudas instrumentarase financeiramente durante o presente exercicio a través do crédito consignado na aplicación 06.50.331A.781.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996 e nos sucesivos exercicios subordinarase ós créditos que se consignen nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia e ó establecido na Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia con respecto ós gastos plurianuais.

Artigo 4º

Continúan vixentes as disposicións das ordes do 28 de xullo de 1992 (DOG do 17 de agosto), do 8 de febreiro de 1993 (DOG do 25 de febreiro), e do 5 de xullo de 1993 (DOG do 16 de xullo) en canto non contradigan o disposto na presente norma.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 1996.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

ANEXO I

Nº Ord.ActuaciónsUd.Prezo máximo

Actuacións con protección especial.

I.-Acabamentos de fachada segundo a tipoloxía da zona.

E026Cachotería con espesor de polo menos 25 cmm12.000
E029Peza especial de pedra labrada, lintel, peaña, perpiaño, bufarda, cornixa, escudo, etc. O prezo desta unidade xustificarase mediante orzamento específicoUdPara xustificar
E030Pintura impermeable en fachadas; descontaranse os ocosm1.200
E031Selado de xuntas en fachadas con argamasa de cementro branco coloreado segundo o tipo de pedra da zonam1.100
E052Enfoscado mestreado e alisado en paramentos verticais exteriores pintado con pintura impermeablem2.700
E053Limpeza de fachadas de pedra con auga ou con area a presiónm800
E055Repicado de enfoscados en fachadasm700

II.-Carpintería exterior segundo a tipoloxía da zona.

E054Pintura ou restauración de carpintería exteriorm3.000
E056Porta de balcón con contra de madeira para pintar ou vernizar, mesmo ferraxes de colgar, seguridade e acristalamentom31.000
E033Porta de balcón de aluminio lacado ou PVC incluído acristalamentom24.000
E034Elemento singular de ferro forxado, balcón, reixa, ferraxe, etc., de acordo coa tipoloxía da construcción. O importe xustificarase mediante orzamento específicoUdPara xustificar
E035Porta de entrada á vivenda de madeira maciza, para vernizar ou pintar, incluídos ferraxes de colgar e seguridadeUd60.000
E057Porta de entrada á vivenda de aluminio lacado ou PVC incluído acristalamentoUd54.000
E036Ventá con contra de madeira para vernizar ou pintar mesmo ferraxes de colgar, seguridade e acristalamentom32.000

Nº Ord.ActuaciónsUd.Prezo máximo

E032Ventá ou galería de aluminio lacado ou PVC incluído acristalamentom25.000
E037Elemento singular de madeira como galerías, balcóns, etc. O importe xustificarase mediante orzamento específicoUdPara xustificar

Outras actuacións.

III.-Obras dirixidas a garanti-las condicións hixiénico-sanitarias e de habitabilidade.

001Arqueta de rexistroUd12.000
002Encanamento de formigónm2.500
004Fosa séptica con capacidade para unhas 10 persoas sempre que se garantan as condicións mínimas de salubridadeViv.115.000
006Lavabo (incluídas billas con conexión á rede de auga fría e quente e desaugadoiro)Ud21.000
008Bañeira (incluídas billas con conexión á rede de auga fría e quente e desaugadoiro)Ud23.000
009Bidé (incluídas billas con conexión á rede de auga fría e quente e desaugadoiro)Ud18.000
010Inodoro (incluída conexión á rede de auga fría e desaugadoiro)Ud20.000
011Quentador de auga de 10 litrosUd35.000
012Conexión xeral de augaViv.24.000
013Instalación de desaugadoiro para lavadora automática ou lavalouzaUd5.600
014Depósito de auga con capacidade de mil litros que non sexa visible desde o exteriorViv.54.000
015Rede interior de auga fría e quenteViv.75.000
058Instalación interior de gasViv.15.000

IV.-Cubertas segundo a tipoloxía da zona.

019Cubrición de estructura de cuberta con tella curva. Medición en plantam3.200
020Cubrición de estructura de cuberta con lousa. Medición en plantam4.500
048Cubrición de estructura de cuberta con tella plana para reparación de cubertas feitas anteriormente con tella planam3.200
021Cano vertical de pluviais PVC ou metálico pintado de 110 mm de diámetrom2.500
022Cano horizontalm2.500
023Formación de vertentes de cuberta con estructura de madeira ou mediante forxa de formigón armado. O elemento de cubrición deberá ser segundo a tipoloxía tradicional da zonam5.000
024Cuberta de tella curva completa. Inclúese a estructura de soporte (madeira, fibrocemento, etc.) e o material de cubriciónm8.200
025Cuberta de lousa completa. Inclúese a estructura de soporte (madeira, fibrocemento, etc.) e o material de cubriciónm9.500

V.-Acondicionamento térmico, illamentos e estanquidade da vivenda.

039Formación de cámara de aire con fábrica de ladrillo e illamento interiorm2.000
041Dobre acristalamento con vidros incoloros, cámara e selado con xunta plásticam8.300

Nº Ord.ActuaciónsUd.Prezo máximo

042Instalación completa en vivenda de calefacciónViv.525.000

NOTA: o prezo da unidade 042 está calculada para unha superifice habitable de 100 m e mantense por superficies maiores. En caso de menor superficie o prezo reducirase da seguinte forma:

(Superficie habitable x prezo)/100

044Unidade de acumulador eléctrico para tarifa nocturnaUd72.000

VI.-Mellora das instalacións eléctricas e adecuación ó regulamento de baixa tensión.

045Instalación de rede eléctrica en vivenda, totalmente terminada, mesmo conexión e mecanismos de protección conforme os vixentes regulamentos. Grao de electrificación medioViv.275.000

NOTA: o prezo desta unidade está calculado para unha superficie de 100 m útiles e mantense para superficies maiores. No caso de menos superficie habitable o prazo reducirase da seguinte forma:

(Superficie habitable x prezo)/100

VII.-Adaptación da vivenda para uso de minusválidos.

046Adaptación da vivenda para uso de minusválidos. Supresión de barreiras arquitectónicas conforme a normativa vixenteViv.Para xustificar

VIII.-Supresión de elementos engadidos.

047Obras que se realicen para a eliminación de elementos non tradicionais (plaquetas, fibrocemento, etc.), engadidos á edificaciónViv.Para xustificar

NOTA: o importe xustificarase mediante orzamento específico.

IX.-Acabamentos interiores.

049Porta de paso en madeira pintada ou vernizada incluídas ferraxes de colgar e seguridadeUd18.000
017Chan con pavimento cerámico ou terrazo pulido e abrillantado con rodapém3.800
018Obra con azulexo. Descontaranse os ocosm3.300
050Chan con madeira incluído rodapém5.000
059División interior a base de tabicón de ladrillo enfoscado. Para creación de novos aseos dentro dos límites da edificación existentem2.400

X.-Reforzo e substitución parcial de elementos estructurais, quedando excluídas as reconstruccións totais das casas en ruina ou como consecuencia de demolicións de baleirados da edificación primitiva.

051Reparacións de estructuras, substitución e reforzo de elementos estructuraisViv.Para xustificar

7263