Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 09 de outubro de 1996 Páx. 8.979

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-243).

Por decreto da alcaldía número 3576/1996, do 9 de setembro de 1996, acordouse aprobar inicialmente a modificación puntual do estudio de detalle no predio denominado Guyatt (U.A. número 34), en Perillo (Oleiros), aprobado definitivamente polo Concello Pleno, en sesión do 26 de xaneiro de 1996.

Acordouse así mesmo proceder á exposición pública do expediente polo prazo de quince días, que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa). Ó longo do dito prazo o expediente quedará á disposición de todo aquel que queira examinalo, podéndose face-las alegacións pertinen

tes. O expediente poderase examinar nas oficinas municipais de Urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborais.

Oleiros, 17 de setembro de 1996.

Esther Pita Rita

Alcaldesa-presidenta

9607289