Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 09 de outubro de 1996 Páx. 8.979

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 1996 pola que se anuncia a contratación, polo trámite de urxencia, das obras de acondicionamento da praza da Pescadería.

De conformidade co disposto no artigo 79 da L.C.A.P., anúnciase concurso polo procedemento aberto, para adxudica-las obras de acondicionamento da praza da Pescadería, conforme o seguinte contido:

Obxecto do contrato: é obxecto do contrato as obras de acondicionamento da praza da Pescadería.

Duración do contrato: un mes.

Tipo de licitación: 14.040.256 ptas.

Pago: o pagamento do prezo da adxudicación farase con cargo á partida 432.41.60100 do vixente orzamento municipal.

Publicidade dos pregos: estarán de manifesto tódolos días hábiles na secretaría do concello.

Garantía provisional: será do 2% do tipo de licitación.

Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares: durante os oitos primeiros días hábiles seguintes á publicación deste anuncio, suspendéndose a licitación no caso de impugnación.

Garantía definitiva: o 4% do orzamento da adxudicación.

Presentación das proposicións: durante os trece días naturais seguintes á publicación do anuncio de licitación (artigo 72.2º b L.C.A.P.).

Apertura de proposicións: terá lugar ás 13 horas do segundo día hábil seguinte á conclusión do prazo para presentacións de proposicións.

Modelo de proposición: é o recollido no anexo II do prego de condicións.

Sada, 2 de outubro de 1996.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde

9606519