Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 09 de outubro de 1996 Páx. 8.978

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FORCAREI

EDICTO relativo ó levantamento da acta previa á ocupación dos bens e dereitos necesarios para a execución das obras do proxecto de saneamento en Forcarei e outros (apertura da rúa J).

Por decreto do Consello da Xunta de Galicia 327/1996, do 26 de xullo (publicado no DOG 156, do 9 de agosto), declárase a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Forcarei (Pontevedra), dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de saneamento en Forcarei e outros (apertura da rúa J).

Para tal efecto e a teor do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa e demais artigos concordantes do regulamento para a súa aplicación, convócase ós titulares de bens e dereitos afectados, que figuran relacionados ó remate, para que comparezan na Casa do Concello de Forcarei o próximo día 18 de outubro ás doce (12) horas, para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, sen prexuízo de trasladarse posteriormente ás veigas que son obxecto de ocupación, todas elas en Forcarei.

Ó antedito acto deberán comparecer, portando o DNI, os titulares afectados persoalmente, ou ben representados por persoa autorizada para actuar no seu nome, podendo tamén comparecer acompañados dos seus pertiso e un notario.

Así mesmo, os interesados poderán formular por escrito ante este concello, ata o día sinalado, ou incluso no mesmo intre do levantamento da acta previa, cantas alegacións estimen pertinentes, para os efectos de emendar posibles erros que se puideran producir ó relaciona-los bens e dereitos afectados pola ocupación.

Relación que se cita

-Veiga nº 1.

Propietario: Manuel Rodríguez Darriba.

Situación: entre a rúa Francisco Filgueiras e a rúa de Chamosa.

Cultivo: labradío.

Calificación urbanística: ordenanza 1.

Superficie: 80 m.

-Veiga nº 2.

Propietario: Herdeiros de Sabino Mariño Pereira.

Situación: entre a rúa Francisco Filgueiras e a rúa de Chamosa.

Cultivo: labradío.

Calificación urbanística: espacios libres de uso e dominio público e ordenanza 1.

Superficie: 48 m.

-Veiga nº 3.

Propietario: Herdeiros de Aurita Gutiérrez Chamosa.

Situación: entre a rúa Francisco Filgueiras e a rúa de Chamosa.

Cultivo: labradío.

Calificación urbanística: ordenanza 3 e 4.

Superficie: 388 m.

-Veiga nº 4.

Propietario: Herdeiros de José Graña Míguez.

Situación: entre a rúa Francisco Filgueiras e a rúa de Chamosa.

Cultivo: labradío.

Calificación urbanística: ordenanza 3 e 4.

Superficie: 395 m.

-Veiga nº 5.

Propietario: Igrexario.

Situación: entre a rúa Francisco Filgueiras e a rúa de Chamosa.

Cultivo: labradío e pradería.

Calificación urbanística: ordenanza 3 e 4.

Superficie: 1.728 m.

Forcarei, 24 de setembro de 1996.

David Raposeiras Correa

Alcalde Tte.

7049