Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 09 de outubro de 1996 Páx. 8.977

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 1996, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación da subministración de equipamento diverso para os servicios médicos do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, mediante procedemento aberto e ordinario. (Expediente 40/1996).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme ó establecidono artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG do 6-6-1996) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

Obxecto: a contratación da subministración de equipamento diverso para os servicios médicos do Complexo Hospitalario de Santiago.

-Lote 1: dous electrocardiógrafos 3 canles.

-Lote 2: columna de vídeo gastroscópico.

-Lote 3: vídeo endoscópico.

-Lote 4: fibrobroncoscopio.

-Lote 5: pesacamas.

-Lote 6: elementos para incubadora de transporte.

-Lote 7: cabina-equipo de difusión pneumolóxica.

Orzamento: 28.877.440 ptas. (vinteoito millóns, oitocentas setenta e sete mil cuatrocentas corenta pesetas), IVE incluido.

Fianzas.

a) Provisional: 2 % do orzamento de licitación.

b) Definitiva: 4 % do importe de adxudicación.

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995 de contratos das administracións públicas.

Forma de adxudicación: concurso público. Procedemento aberto e ordinario.

Prazo de execución: a duración do contrato será desde a data de comezo da vixencia do contrato ata o 31 de decembro de 1996.

Admisión de variantes: pódense presentar melloras sobre as características mínimas establecidas nos pregos de prescripcións técnicas, dentro sempre, do presuposto máximo autorizado.

Solvencia económica e financeira: o que se especifica no apartado 6 da folla de especificacións.

Solvencia técnica: o que se especifica no apartado 7 da folla de especificacións.

Criterios de adxudicación: os que se establecen no apartado 10 da folla de especificacións.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no rexistro xeral do Hospital de Conxo, Rúa Ramón Baltar s/n 15706 Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

Clasificación: non se esixe.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital de Conxo, Rúa Ramón Baltar s/n 15706 Santiago, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partires do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no apartado 10 do prego de cláusulas administrativas particulares. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital de Conxo ás 10 horas do decimosexto día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas;

en caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán aporta-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 1996.

Ignacio Martínez González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela

9607275