Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 09 de outubro de 1996 Páx. 8.976

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/145-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. soterrada a 20 kV.

Situación: Cabanas, Pontedeume.

Características técnicas: L.M.T. soterrada a 15/20 kV de 1605 metros de lonxitude en conductor R.H.V. de 12/20 kV, 3x240 mm Al, con orixe no C.S. de Cabanas (expediente 13631) e remate no C.T. Ponte (expediente 21144). Concellos de Cabanas e Pontedeume.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 2 de setembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

6847