Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 09 de outubro de 1996 Páx. 8.975

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/31-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: cambio de tensión 10/20 kV, Boiro-Taragoña-Leiro, 2ª fase.

Situación: concellos de Rianxo e Boiro.

Descricións técnicas:

-Liña eléctrica aero-subterránea de media tension, a 20 kV, sobre apoios metálicos na parte aérea, baixo tubo a subterránea e con conductor LA-56 e R.H.V. 15/25 kV, de 3 (1x95) mm Al, de 180 metros e de 40 metros de lonxitude respectivamente, con orixe no apoio nº 38 da liña Boiro-Taragoña (expediente 34876) e remate en C.T. Ourolo que se vai instalar.

-Centro de transformación tipo caseta, de 250 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Ourolo, unha rede de baixa tensión subterránea baixo tubo conductor, de 279 metros de lonxitude, en seccións de 150, 95 e 50 mm Al.

-Liña eléctrica aero-subterránea de media tensión a 20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón e baixo tubo, de 393 metros e 23 metros de lonxitude, nas súas partes aéreas e subterráneas, respectivamente, con orixe no apoio nº 64 da liña Boiro-Rianxo (expediente 50699) e remate no C.T. Pazo, que se vai instalar.

-Centro de transformación, tipo caseta, de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV con rede subterránea de 222 metros de lonxitude e conductor R.Z en seccións de 150, 95 e 50 mm Al.

-Derivada de liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV sobre apoio de formigón e con conductor LA-56, de 20 metros de lonxitude, con orixe en apoio metálico da liña Boiro-Rianxo-Leiro (expediente 50699) e remate no C.T. Figueira, que se vai instalar.

-Centro de transformación aéreo sobre apoio de formigión de 100 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Figueira, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón en conductor R.Z. de 203 metros de lonxitude, en seccións de 95 e 50 mm Al.

-Instalación de transformadores maiores con tensións de 20/0,380-0,220 kV nos centros de transformación de: Vilariño de 160 kVA aéreo, Burato de 160 kVA aéreo, Barranca de 160 kVA aéreo, Alameda de 630 kVA tipo caseta, carpintería de Ribeira de 100 kVA aéreo, Tanxil de 400 kVA tipo caseta, Franco de 160 kVA aéreo, Brián de 160 kVA tipo caseta, Abuín de 50 kVA aéreo, Leiro de 100 kVA aéreo.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 2 de setembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

6846