Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 09 de outubro de 1996 Páx. 8.976

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/146-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. 15/20 kV, C.T. 50 kVA e R.B.T.

Situación: Airoa, Irixoa.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 25 metros de lonxitude en conductor LA-56 con orixe na L.M.T. Ambroa-Irixoa e remate no C.T. que se vai construír de 50 kVA, 20 kV, B.2 no lugar de Airoa. Concello de Irixoa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 2 de setembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9606981