Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 08 de outubro de 1996 Páx. 8.950

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 1996 pola que se anuncia poxa con procedemento aberto para a execución das obras comprendidas no proxecto de converter en rúa de paseo a rúa República Dominicana.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Obras e Concesións. b) Número de expediente: 096/59.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de converter en rúa de paseo a rúa República Dominicana.

Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento aberto. Forma de adxudicación: poxa.

4. Orzamento base de licitación: 14.976.144 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 299.523 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación empresarial: non se esixe.

8. Presentación de ofertas.

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado o día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica.

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de ofertas.

c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido deles («Oferta económica» e «Documentación administrativa») e o seguinte lema: «Proposición que presenta ... para optar ó concurso para a contratación das obras comprendidas no proxecto de converter en rúa de paseo a rúa República Dominicana».

11. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

A Coruña, 30 de setembro de 1996.

O alcalde

P.D.

Rubricado

7260