1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.
a) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Obras e Concesións. b) Número de expediente: 096/57.
2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de urbanización da Ronda de Outeiro, tramo de aparcamento na zona dos Mallos.
Prazo de execución: seis meses.
3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.
4. Orzamento base de licitación: 49.923.157 ptas. (IVE incluído).
5. Garantía provisional: 998.463 pesetas.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.
7. Clasificación empresarial.
Grupo A, subgrupos 1 e 2, categoría e.
Grupo C, completo, categoría e.
Grupo I, subgrupos 1 e 6, categoría e.
Grupo K, subgrupos 4, 5 e 6, categoría e.
8. Presentación de ofertas.
a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado o día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.
d) Admisión de variantes: si.
9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica.
a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de ofertas.
c) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido deles («Oferta económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta ... para optar ó concurso para a contratación das obras comprendidas no proxecto de urbanización da Ronda de Outeiro, tramo de aparcamento na zona dos Mallos».
11. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.
A Coruña, 19 de setembro de 1996.
O alcalde
P.D.
Rubricado
7257