Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 08 de outubro de 1996 Páx. 8.949

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 1996 pola que se anuncia concurso con procedemento aberto para a execución das obras comprendidas no proxecto de urbanización da Ronda de Outeiro, tramo de aparcamento na zona das Conchiñas.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Obras e Concesións. b) Número de expediente: 096/58.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de urbanización da Ronda de Outeiro, tramo de aparcamento na zona das Conchiñas.

Prazo de execución: seis meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 49.944.280 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 998.886 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación empresarial.

Grupo A, subgrupos 1 e 2, categoría e.

Grupo C, completo, categoría e.

Grupo I, subgrupos 1 e 6, categoría e.

Grupo K, subgrupos 4, 5 e 6, categoría e.

8. Presentación de ofertas.

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado o día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica.

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de ofertas.

c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido deles («Oferta económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta ... para optar ó concurso para a contratación das obras comprendidas no proxecto de urbanización da Ronda de Outeiro, tramo de aparcamento na zona das Conchiñas».

11. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

A Coruña, 19 de setembro de 1996.

O alcalde

P.D.

Rubricado

7259