Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 08 de outubro de 1996 Páx. 8.951

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 1996 pola que se anuncia concurso con procedemento aberto para o servicio de limpeza dos colexios públicos de educación primaria do termo municipal da Coruña.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministracións e Comprás. b) Número de expediente: L96/8.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: prestación do servicio de limpeza.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: colexios públicos de educación primaria do termo municipal da Coruña.

e) Prazo de execución: curso escolar, prorrogándose de mutuo acordo entre o contratista e a corporación de forma expresa cada curso, ata un máximo de seis.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 111.854.625 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 2.237.092 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación empresarial: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado o día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

1. Entidade: véxase punto 1.

2. Domicilio: véxase punto 6 b.

3. Localidade e código postal: véxase punto 6 c.

d) Prazo duranto o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): anual.

e) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica.

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións.

c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido deles («Oferta económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta ... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a prestación do servicio de limpeza dos colexios

públicos de educación primaria do termo municipal da Coruña».

11. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

A Coruña, 30 de setembro de 1996.

O alcalde

P.D.

Rubricado

7249