Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 08 de outubro de 1996 Páx. 8.936

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/132-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Hidroeléctria de Laracha.

Enderezo social: r/ Tte. Xral. Gómez Zamalloa 9, 15005 A Coruña.

Denominación: L.M.T. a C.T. Igrexario-Coiro, parroquia de Coiro.

Situación: Laracha.

Características técnicas: reforma da L.M.T. a C.T. Igrexario-Coiro a 15/20 kV, en conductor LA-30 de 578 m de lonxitude, que parte da L.M.T. Cillobre-Centulle-Xesta (Expte. 50422) e remate no C.T. Igrexario-Coiro. Concello de Laracha.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 27 de agosto de 1996.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións

6522