Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 08 de outubro de 1996 Páx. 8.937

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/134-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Hidroeléctria de Laracha.

Enderezo social: r/ Tte. Xral. Gómez Zamalloa 9, 15005 A Coruña.

Denominación: L.M.T. Borreiros-Vista Alegre, parroquia de Soandres.

Situación: Laracha.

Características técnicas: reforma L.M.T. Borreiros-C.T. Vista Alegre, a 15/20 kV de 1859 m de lonxitude, en conductor LA-56 e LA-30, que parte do C.T. Borreiros e remate no C.T. Vista Alegre. Concello de Laracha.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 28 de agosto de 1996.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións

6991