Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 08 de outubro de 1996 Páx. 8.936

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/115-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Hidroeléctria de Laracha.

Enderezo social: r/ Tte. Xral. Gómez Zamalloa 9, 15005 A Coruña.

Denominación: reforma da L.M.T. Cillobre-Laracha-Proame.

Situación: concello de Laracha.

Características técnicas: reforma da L.M.T. Cillobre-Laracha-Proame, pasando de aérea a subterránea, nun tramo de 128 metros de lonxitude en conductor R.H.V. 3(1x195) mm de Al. no núcleo urbano de Laracha. Concello de Laracha.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 22 de agosto de 1996.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións

6521