Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 08 de outubro de 1996 Páx. 8.933

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 2 de setembro de 1996 pola que se declaran aptos na fase de prácticas os aspirantes que superaron os procedementos selectivos para acceso ó corpo de profesores de ensino secundario convocados por Orde do 28 de marzo de 1995.

Por ordes do 11 de outubro de 1995 (DOG do 16 de novembro) e do 8 de xaneiro de 1996 (DOG do 26) nomeáronse funcionarios en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario os opositores que superaron os procedementos selectivos convocados por Orde do 28 de marzo de 1995.

Rematada a fase de prácticas e vistas as propostas efectuadas polas comisións avaliadoras, esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Declarar aptos na fase de prácticas e aprobados definitivamente nos procedementos selectivos convocados por Orde do 28 de marzo de 1995 (DOG do 7 de abril) os opositores relacionados no anexo II da Orde do 2 de agosto de 1995 (DOG do 23) pola que se facía pública a lista dos opositores que superaron o dito procedemento selectivo coa excepción de Manuel de la Rosa Pérez co DNI 30.527.984, disciplina de debuxo (por ter adiamento das prácticas) e os relacionados na Orde do 7 de novembro de 1995 (DOG do 16) pola que se excluían opositores da relación de aprobados nos procedementos selectivos pola Orde do 28 de marzo de 1995.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 1996.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Sr. Director Xeral de Persoal

7045