Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 08 de outubro de 1996 Páx. 8.934

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 23 de setembro de 1996 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Familia, Muller e Xuventude, anunciada por orde desta consellería do 28 de maio de 1996 (DOG nº 110, do 5 de xuño), corrección de erros no DOG nº 112, do 7 de xuño.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Familia, Muller e Xuventude, mediante orde desta consellería, do 28 de maio de 1996 (DOG nº 110, do 5 de xuño), corrección de erros no DOG nº 112, do 7 de xuño de 1996, de conformidade co disposto no artigo 7.2º do III convenio colectivo único da Xunta de Galicia-1994 (DOG nº 249, do 28 de decembro de 1994), e no uso das facultades conferidas no mesmo artigo da citada norma, esta consellería,

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica, ó laboral fixo que se expresa no anexo desta orde, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria realizada por orde desta consellería do 28 de maio de 1996, desta consellería, do 28 de maio de 1996.

Segundo.-O cesamento no actual destino do laboral fixo que obtivo a praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte o da data da publicación de esta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data do cesamento ou de inicio do cómputo do prazo posesorio, o laboral fixo está desfrutando dun período de licencia, vacacións ou permiso, o prazo para efectua-lo empezará a contar a partir do día seguinte o da súa reincorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se o destino do novo posto radica na residencia habitual do adxudicatario, ou dun mes, se radica en localidade distinta, conforme o establecido no artigo 7.3º do III convenio colectivo único da Xunta de Galicia-1994.

Terceiro.-O xefe do centro no que cause baixa o laboral fixo, así como no de aquel no que obteña destino, consignarán debidamente, no expediente administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, á Dirección Xeral da Función Pública e á Inspección Xeral de Servicios.

Cuarto.-Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous

meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicalo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 1996.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude

ANEXO

DNI: 73.761.023.

Grupo: II.

Categoría: 1.

Apelidos e nome: Antelo García, Jesús.

Posto de traballo: director da Casa da Xuventude.

Localidade: Santiago de Compostela.

Dependencia: Delegación Provincial da Coruña.

9606748