Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 08 de outubro de 1996 Páx. 8.933

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 1 de outubro de 1996 pola que se modifica a composición dos tribunais que deberán cualifica-los procesos selectivos para o ingreso nos distintos corpos de Administración da Xunta de Galicia.

Presentada renuncia por parte de Rafael Urtasun Amann, nomeado presidente titular do tribunal A-2 encargado de cualifica-lo proceso selectivo para acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia pola Orde do 29 de maio de 1996 (DOG

nº 108 do 3 de xuño) esta consellería, de conformidade co establecido na normativa vixente,

DISPÓN:

Acepta-la renuncia de Rafael Urtasun Amann, como presidente titular do tribunal número 2 do grupo A, e nomear no seu lugar a Javier Suárez García, director xeral-xefe da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 1996

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

6956