Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 08 de outubro de 1996 Páx. 8.921

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 364/1996, do 26 de setembro, polo que se declara a urxente ocupación dos terreos necesarios para a explotación da concesión mineira para lousa ornamental Calzada, número 4.288, sita na parroquia de Leira, termo municipal de Vilamartín de Valdeorras na provincia de Ourense.

O 14 de novembo de 1995, JURJOSA instou a incoación de expediente de expropiación forzosa polo procedemento de urxencia ante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Ourense, ó amparo do establecido no Art. 105 da Lei 22/1973, de minas do 21 de xullo de 1973, en relación co 131 do regulamento que desenvolve a dita lei e o 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, solicitude que comprende dous predios cunha superficie total de 40.351 m dos cales 40.131 m son propiedade da comunidade de de Leira e 220 m de herdeiros de Casimiro Fernández Fernández.

Á solicitude acompañan memoria xustificativa e planos e relación de predios afectados, así como outros documentos que tratan, en conxunto, de demostra-la necesidade da incoación do expediente de expropiación forzosa polo procedemento de urxencia.

Por parte da delegación provincial, comunicóuselle a cada propietario, á comunidade de Leira e herdeiros de Casimiro Fernández Fernández a pretensión expropiatoria de JURJOSA e realizouse a oportuna información pública, inseríndose no BOE

(21-2-1996 nº 45), Diario Oficial de Galicia (26-2-1996 nº40), BOP de Ourense (26-4-1996 nº 97), xornal diario La Región do 15-2-1996, xornal El Faro de Vigo do 14-2-1996, así como taboleiro de anuncios da casa do Concello de Vilamartín de Valdeorras e Delegación Provincial de Ourense.

Dentro do período de información pública aberto sobre a referida solicitude foron presentadas alegacións polos afectados, as cales é forzoso desestimar xa que non se opoñen á pretensión expropiatoria e as consideracións aducidas teranse en conta no acto de levantamento de actas previas á ocupación, momento no que se poderán substanciar os posibles erros materiais cometidos na descrición, estado e superficie dos predios obxecto de expropiación.

A urxencia queda xustificada pola inminente necesidade de dar continuidade á explotación do depósito ante o esgotamento da materia prima necesaria de acordo coas previsións de producción contidas no plan de labores desta explotación para 1996.

Na súa virtude, e por proposta do conselleiro de Industria e Comercio e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteseis de setembro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo único.

Declárase urxente -segundo o artigo 105 da Lei de minas e para os efectos dispostos no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa- a ocupación de 40.351 m dos predios definidos na documentación presentada e que foi obxecto de publicación nos boletíns citados, predios que é necesario expropiar para prosegui-lo laboreo da concesión de explotación mineira para pizarra ornamental Calzada, nº 4.288, sita na parroquia de Leira, municipio de Vilamartín de Valdeorras na provincia de Ourense, correspondendo a titularidade daquela á empresa Pizarras Gallegas, S.A. (JURJOSA).

Santiago de Compostela, vinteseis de setembro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

7246