Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 07 de outubro de 1996 Páx. 8.915

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o 27-6-1996, adoptou o seguinte acordo:

«Prestar aprobación definitiva ó proxecto de urbanización da futura praza pública que se situará á altura dos números 22 e 24 da rúa Doctor Loureiro Crespo, promovido mediante iniciativa particular por Roprovisa, S.L. e outros propietarios de inmobles afectados pola futura praza, e redactado polo arquitecto Rafael Vázquez Abal, con visado colexial de 5-5-1995 e planos nº U-1, U-2 e U-4, da mesma autoría e con visado do COAG de 20-7-1995 e 6-11-1995 respectivamente, desestimándose, de conformidade cos feitos e motivacións expostas, as alegacións formuladas durante a tramitación do procedemento opoñéndose á aprobación do presente proxecto, facendo constar, así mesmo, que o presente acto administrativo se outorga no exercicio das atribucións urbanísticas e de réxime local que corresponden a esta Administración municipal e sen prexuízo de terceiros ou do dereito de propiedade, de tal xeito que non poderán iniciarse as obras de urbanización mentres que os promotores non ofrezan en

escritura pública a totalidade dos terreos que conforman a praza, completamente libres de cargas e calquera gravame e incluso arrendamento a este concello, prestándose fianza en calquera das formas admitidas pola lexislación de réxime local, na contía de 9.772.107 pesetas, para garanti-lo cumprimento

da execución da obra, recoñecéndose a utilidade pública da presente execución da praza prevista como actuación asistemática polo Plan Xeral de Ordenación Urbana. Esta cesión, non obstante, enténdese sen prexuízo do dereito de ocupación para que se proceda á execución das obras, téndose que entrega-las instalacións que conforman a futura praza pública achegando certificado de final de obra dos facultativos directores desta, formalizándose en actas que subscribirán este concello e os promotores».

O que se fai público para a súa executividade, subliñándose que contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses computados a partir do día seguinte a esta publicación, logo de comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Pontevedra, 1 de agosto de 1996.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Adolfo Castro Pérez

Secretario acctal.

6914