Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 07 de outubro de 1996 Páx. 8.916

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o 27-6-1996, acordou aprobar, con carácter inicial o estudio de detalle formulado mediante iniciativa particular por Sanatorio Domínguez, S.L. e redactado polos arquitectos Leopoldo Ivorra Sáenz-Díez e José Luis Pichel Fernández, visado pola Delegación en Pontevedra do COAG con data do 29-3-1996, coa finalidade de defini-lo volume final do edificio en construcción destinado a equipamento sanitario sito na rúa Castelao, nº 8, e adaptar e reaxusta-la súa aliñación interior e a altura dos distintos forxados do edificio.

Durante o prazo de quince días contados a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examina-lo expediente na unidade municipal de fomento (rúa dona Teresa), e formula-las alegacións que considere procedentes.

Pontevedra, 1 de agosto de 1996.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Adolfo Castro Pérez

Secretario Acctal.

7223