Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 07 de outubro de 1996 Páx. 8.912

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia a contratación das obras de remodelación da vivenda do director da residencia da terceira idade As Gándaras para centro de día.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la seguinte contratación:

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Número de expediente: 56/1996.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: remodelación das dependencias da vivenda do director da residencia da terceira idade As Gándaras, de Lugo, para reconvertela en centro de día.

b) División por lotes e número: non

c) Lugar de execución: residencia da terceira idade As Gándaras de Lugo.

d) Prazo de execución: catro (4) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: dezasete millóns cincocentas sesenta mil seiscentas oitenta (17.560.680) pesetas.

5. Garantías.

Provisional: trescentas cincuenta e unha mil duascentas catorce (351.214) pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: delegación provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Enderezo: rúa Montevideo, 9

c) Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Teléfono: (982) 29 41 01

e) Telefax: (982) 29 40 88

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día do remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: trece (13) días naturais contados a partir da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que se presentará: a que se indica na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Delegación Provincial de Lugo, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: delegación provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Enderezo: rúa Montevideo, 9

c) Localidade: Lugo

d) Data: o sexto día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte, á mesma hora.

e) Hora: a partir das 9.30 horas.

10. Outras informacións.

Nos anversos dos sobres consignarase o seu respectivo contido e o nome do licitador.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Lugo, 30 de setembro de 1996

Luis Abades Álvarez

Delegado provincial de Lugo

7248