Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 07 de outubro de 1996 Páx. 8.913

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia a contratación das obras de adecuación da residencia da terceira idade de Quiroga á NBE-CPI-91.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la seguinte contratación:

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Número de expediente: 57/1996.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adecuación das dependencias da residencia da terceira idade de Quiroga á NBE-CPI-91, en materia de medidas de protección contra incendios.

b) División por lotes e número: non

c) Lugar de execución: residencia da terceira idade de Quiroga.

d) Prazo de execución: dous (2) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: nove millóns seiscentas trinta e oito mil cincocentas seis (9.638.506) pesetas.

5. Garantías.

Provisional: cento noventa e dúas mil setecentas setenta (192.770) pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Enderezo: rúa Montevideo, 9

c) Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Teléfono: (982) 29 41 01

e) Telefax: (982) 29 40 88

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día do remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe; non obstante os licitadores deberán acredita-la súa condición de instalador debidamente autorizado, nos termos do artigo 10 do Regulamento de instalacións de protección contra incendios.

b) Outros requisitos: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: trece (13) días naturais contados a partir da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que se presentará: a que se indica na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 6 do prego de cláusulas administra-tivas particulares.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Enderezo: rúa Montevideo, 9.

c) Localidade: Lugo

d) Data: o sexto día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte, á mesma hora.

e) Hora: a partir das 9.30 horas.

10. Outras informacións.

Nos anversos dos sobres consignarase o seu respectivo contido e o nome do licitador.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Lugo, 30 de setembro de 1996.

Luis Abades Álvarez

Delegado provincial de Lugo

6965