Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 07 de outubro de 1996 Páx. 8.911

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 1996, da Xefatura do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o acordo de concentración parcelaria da zona de Obra (Vila de Cruces-Pontevedra).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Obra (Vila de Cru

ces-Pontevedra), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto do 16 de xaneiro de 1992, o seguinte:

Primeiro.-Con data do 26 de xuño de 1996 o director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona de Obra, logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas a vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público na Casa do Concello de Vila de Cruces, e na zona, durante trinta días hábiles, desde o seguinte día a aquel en que sexa publicado o último dos avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no xornal de máis circulación dela e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

Terceiro.-No prazo dos trinta días que se din, cabe interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, podendo os recurrentes presenta-los recursos no rexistro da delegación provincial de Agricultura, Gandería e Montes (r/ Benito Corbal, 47-4º, Pontevedra), no rexistro xeral da consellería (edificio San Caetano, s/n, Santiago de Compostela), ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por si mesmos ou por representación, facéndose constar no escrito un domicilio dentro do termo municipal para facerlle-las notificacións que procedan, e, se é o caso, a persoa residente nel a quen teñan que facérselle as notificacións.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser impugando se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artigos, 36, 38, 40 e 41 da Lei de concentración parcelaria para Galicia).

Pontevedra, 29 de agosto de 1996.

Miguel Ángel Pérez Dubois

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Pontevedra

7247