Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 07 de outubro de 1996 Páx. 8.909

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (258/1995).

En virtude do acordado pola maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, Rosa del Carmen Collazo Lugo, nos autos de xuízo de faltas número 258/1995, sobre agresión, por medio da presente cítase a Javier Cardeso Paredes, en calidade de denunciante-denunciado, e actualmente en paradoiro descoñecido, para que o vindeiro día vintetrés de outubro de 1996, ás dez horas e dez minutos compareza na sala de audiencias número tres, correspondente a este xulgado, sita na primeira planta do edificio de xulgados, rúa Viena número 1, polígono das Fontiñas, co fin de asistir á vista do xuízo de faltas, facéndolle saber que pode facelo acompañado de avogado, provisto dos medios de proba de que intente valerse, e prevíndoo de que, se non comparece, recaerán sobre el os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 1996.

O secretario

Rubricado

7139