Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 07 de outubro de 1996 Páx. 8.909

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (9/1996).

En virtude do acordado pola maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, Rosa del Carmen Collazo Lugo, nos autos de xuízo de faltas número 9/1996, sobre agresión, por medio da presente cédula cítase a José Antonio López Sánchez, en calidade de denunciado actualmente en paradoiro descoñecido, para que o vindeiro día nove de outubro de 1996, ás doce horas compareza na sala de audiencias número tres, correspondente a este xulgado, sita na primeira planta do edificio de xulgados, rúa Viena número 1, polígonos das Fontiñas, co fin de asistir á vista do xuízo de faltas, facéndolle saber que pode facelo acompañado de avogado, provisto dos medios de proba de que intente valerse, e prevíndoo de que se non comparece, recaerán sobre el os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 1996.

O secretario

Rubricado

6677