Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 07 de outubro de 1996 Páx. 8.909

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 1996 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de organización de empresas, do departamento de Organización de Empresas, a Miguel Ángel Manuel Merino Gil.

Consonte a proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 19 de xuño de 1995 (BOE do 8 de xullo), para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de organización de empresas, do departamento de Organización de Empresas da Universidade de Vigo, a prol de Miguel Ángel Manuel Merino Gil, DNI nº 35.973.314, e cumprindo o interesado os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Miguel Ángel Manuel Merino Gil profesor titular de universidade da área de coñecemento de organización de empresas, do departamento de Organización de Empresas da Universidade de Vigo.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 3 de setembro de 1996.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

7140