Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 07 de outubro de 1996 Páx. 8.894

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

RESOLUCIÓN do 29 de febreiro de 1996, da Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental, pola que se incoa expediente de declaración de ben de interese cultural con categoría de monumento, a favor da igrexa de San Miguel de Neira de Rei, no concello de Baralla (provincia de Lugo).

Vistos os informes dos servicios técnicos desta dirección xeral, favorables a incoación de expediente como ben de interese cultural con categoría de monumento, a favor da igrexa de San Miguel de Niera de Rei, no concello de Baralla, provincia de Lugo.

De conformidade co artigo 9 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, (Diario Oficial de Galicia do 8 de novembro de 1995), polo que se regula a tramitación para a declaración de bens de interese cultural de Galicia, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Incoar expediente de declaración de ben de interese cultural con categoría de monumento, a favor da igrexa de San Miguel de Neira de Rei, no concello de Baralla, provincia de Lugo.

Protexer este monumento e a zona afectada pola incoación, sendo a súa delimitación a seguinte:

«Comeza a liña no punto 1, situado na ponte de Carracedo e continúa pola marxe esquerda do río Neira ata o punto 2, na desembocadura do regato Furco. Discorre polo regato ata o punto 3, no vértice sueste da parcela catastral 184, para continuar polo linde sur das parcelas 184, 183 e 97 ata o punto 4, no vértice norte da parcela 152. En dirección sueste chega ó punto 5, no vértice sueste da parcela 152. Dese o punto 5 a liña desviase en dirección sudoeste bordeando as parcelas 152, 151 e 150 ata o punto 6 situado no camiño que descende cara ó núcleo de San Miguel de Neira de Rei. Desde este punto 6 a liña coincide cos lindeiros leste e sur das parcelas catastrais 108 a 116, ata o punto 7 situado na divisoria das augas, por onde continúa a ponte de Carracedo, coincidindo co punto 1 onde se pecha a delimitación».

Segundo.-Segui-la tramitación do expediente segundo as disposicións vixentes.

Terceiro.-Dar traslado da resolución ó alcalde do concello de Baralla, provincia de Lugo, e notificarlle que de acordo co artigo 35 da lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia. «A incoación dun expediente de declaración de ben de interese cultural respecto dun inmoble determinará a suspensión das correspondentes licencias municipais de parcelación, edificación ou demolición nas zonas afectadas, así como dos efectos

das xa outorgadas. A suspensión dependerá da resolución ou caducidade do expediente incoado.

As obras que, por causa de forza maior, interese xeral ou urxencia, debesen realizarse con carácter inaprazable precisarán, en todo caso, autorización dos órganos competentes da Consellería de Cultura».

Cuarto.-Informar da presente resolución o propietario, o Rexistro Xeral de Bens de Interese Cul

tural do Ministerio de Cultura, e o Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia.

Quinto.-Que a presente resolución sexa publicada no Diario Oficial de Galicia e no Boletín oficial del Estado, abríndose un período de información pública dun mes, a contar a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 1996.

Ángel Sicart Giménez

Director xeral do Patrimonio Histórico e Documental

6908