Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 07 de outubro de 1996 Páx. 8.893

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 5 de setembro de 1996 pola que se autoriza o cambio de titularidade do centro privado Nebrija, de Vigo (Pontevedrra).

Examinado o expediente incoado por José María Bouzo Argibay, en representanción de Colegio Nebrija, S.A. titular do centro privado Nebrija de Vigo, en solicitude de cambio de titularidade do devandito centro.

Resultando que, mediante escritura pública notarial de cesión de titularidade, outorgada ante o notario do ilustre colexio da Coruña José Luis Lorenzo Areán, a entidade mercantil Colegio Nebrija, S.A. cede a súa titularidade, para tódolos efectos, a favor de Colegio San Miguel, S.L. y Otros.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que se uniron a este os documentos esixidos e que a petición foi informada pola Inspección de Educación.

Resultando que o referido centro docente ten a correspondente autorización para impartir ensinanzas.

Vistos o Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro (BOE do 27), o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), e demais disposicións complementarias.

Considerando que se cumpriron neste expediente tódolos requisitos esixidos pola normativa vixente nesta materia, esta consellería,

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de titularidade do centro privado Nebrija de Vigo a favor de Colegio San Miguel, S.L. y Otros, con tódolos dereitos e obrigas contraídos pola cesionista Colegio Nebrija, S.A., sen prexuízo das responsabilidades que poidesen recaer sobre a anterior titular do centro por actos ou omisións realizados antes do cambio de titularidade que se autoriza.

O cambio de titularidade non afectará o réxime de funcionamento do centro.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 1996.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

6985