De acordo co previsto no artigo 117 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, dáselle publicidade ó estado de execución do orzamento da Comunidade Autónoma e as súas modificacións, e a situación da tesourería e movementos por operacións orzamentarias e extraorzamentarias correspondentes ó segundo trimestre de 1996, que figuran como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 30 de setembro de 1996.
José Antonio Orza Fernández
Conselleiro de Economía e Facenda
6901