Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 07 de outubro de 1996 Páx. 8.887

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 3 de setembro de 1996 sobre integracións nas escalas de informática creadas pola Lei 15/1991, do 28 de decembro.

O Decreto 290/1995, dá3 de novembro, regula os procedementos de integración nas escalas de informática creadas pola Lei 15/1991, do 28 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma galega para o ano 1992. Esta norma, no seu artigo 2, establece os requisitos esixidos para a integración nas devanditas escalas, sinalando que os/as interesados/as deberán te-la condición de funcionario/a de carreira dun corpo dos grupos A, B ou C e estar en activo nel, agás na situación de servicios especiais especiais prevista no artigo 5; posuí-la titulación académica esixida pola Lei 15/1991, para ó acceso á escala de informática de que se trate e na data de entrada en vigor do devandito Decreto 290/1995, do 3 de novembro, atoparse desempeñando as funcións atribuídas pola Lei 15/1991 á escala informática na que pretende integrarse, por estar ocupando postos reservados na correspondente relación de postos de traballo (RPT) ás ditas escalas.

Así mesmo, a antedita norma, no seu artigo 4, prevé a integración do persoal interino, contratado administrativo ou laboral fixo que, ostentando tal condición o día 1 de xaneiro de 1992, estivese afectado polas disposicións transitorias novena, décima e décimo primeira da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, acceda á condición de funcionario/a de carreira nalgunha das tres convocatorias previstas en tales disposicións transitorias, posúa a titulación esixida pola Lei 15/1991, e desempeñe, ininterrompidamente, desde o 1 de xaneiro de 1992 ata a data de adquisición da con

dición de funcionario/a, un posto reservado á escala de informática na RPT.

Conforme o establecido nos artigos 2.4º e 4.2º do Decreto 290/1995, do 3 de novembro, a integración levarase a efecto trala superación dun curso de adaptación que se establecerá por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, rematando o procedemento, de conformidade co previsto no artigo 8, mediante orde da mesma consellería na que se resolverá o que proceda sobre a integración solicitada.

Revisadas as solicitudes e a documentación presentadas no prazo a que se refire o artigo 7 do Decreto 290/1995, do 3 de novembro, a Consellería da Presidencia e Administración Pública,

DISPON:

Primeiro.-De conformidade co establecido no artigo 2 do Decreto 290/1995, do 3 de novembro, acreditado que cumpren os requisitos esixidos nos seus números 1 e 2, o persoal funcionario de carreira que se relaciona no anexo I da presente orde deberá realiza-lo curso de adaptación a que se refire o número 4 do mesmo artigo, para os efectos de acadar tódolos requisitos esixidos para a integración nas correspondentes escalas.

Segundo.-En aplicación do previsto no artigo 4 do Decreto 290/1995, do 3 de novembro, o persoal que se relaciona no anexo II da presente orde, no que concorren os requisitos esixidos por este precepto, e que accedeu á condición de funcionario/a de carreira na primeira das convocatorias previstas nas disposicións transitorias da Lei 4/1988, do 26 de maio, nun proceso selectivo non referido ás escalas de informática, tamén deberá realiza-lo curso ó que se refire ó número 4 do artigo 2 do decreto.

Terceiro.-Para o inicio do curso de adaptación ó que se refiren os apartados anteriores, os/as funcionarios/as admitidos serán oportunamente convocados.

Cuarto.-Unha vez rematado o curso de adaptación, o persoal que figura nos anexos I e II que o supere será integrado na correspondente escala de informática mediante orde desta consellería.

Quinto.A) As persoas que solicitaron a integración conforme o artigo 7 do Decreto 290/1995, do 3 de novembro, e non están incluídas nos anexos da presente orde, quedan excluídas da integración por non cumpriren tódolos requisitos que para tal efecto se esixen nos números 1 e 2 do artigo 2, ou no artigo 4, do devandito decreto.

B) As persoas a que se refire o anterior apartado A) do presente punto, contra a presente orde, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto no artigo 58 da Lei reguladora a xurisdicción contencioso-administrativa do 27 de decembro de 1956, logo de comunicalo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO I

I.1. Escala de sistemas e tecnoloxía da información (grupo A).

-Apelidos, nome e DNI.

* Gómez Duaso, José Manuel. 32.748.188.

* Juanatey Mayán, Rafael Isaac. 33.253.457.

I.2. Escala de xestión de sistemas de información (grupo B).

-Apelidos, nome e DNI.

* Blasco García, Alfonso. 32.435.325.

* Izquierdo García, Mª de los Desamparados. 36.018.548.

* Paseiro Pardal, Enrique. 36.021.602.

I.3. Escala técnica auxiliar de informática (grupo C).

-Apelidos, nome e DNI.

* Delgado Garrido, Enrique Ramón. 32.415.695.

* Fernández Dabouza, Manuel Mauro. 34.941.118.

* González Díaz, Mª Teresa. 21.419.641.

* Martín de Pozuelo Romay, Mª Carmen. 660.716.

* Mato Nieto, José Ramón. 33.243.549.

* Ramos Rey, Mª José. 32.391.971.

I.4. Escala a extinguir de xestión de sistemas de información (grupo B).

-Apelidos, nome e DNI.

* Mediavilla Cañibano, Jesús. 07.770.215.

* Ramos González, Fidel. 33.198.601.

ANEXO II

II.1. Escala de sistemas e tecnoloxía da información (grupo A).

-Apelidos, nome e DNI.

* Bianchi Valcarce, Mª del Carmen. 35.919.413.

II.2. Escala técnica auxiliar de informática (grupo C).

-Apelidos, nome e DNI.

* Docampo Regengo, Juan José. 35.441.684.

* Domínguez Pardo, Germán. 33.237.089.

* Durán García, Jaime Ramón. 32.424.120.

96-7194